Kobe Bryant: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Edvac (conversa | contribucións)
Morte de accidente de helicóptero
referencia
Liña 38:
* 2× [[Medalla de ouro|Ouro Olímpico]] ([[Xogos Olímpicos de 2008|2008]], [[Xogos Olímpicos de 2012|2012]])
}}
'''Kobe Bean Bryant''', nado en [[Filadelfia]] ([[Pensilvania]]) o [[23 de agosto]] de [[1978]] e finado en [[California]] o [[26 de xaneiro]] de [[2020]],<ref>{{Cita web|url=https://observador.pt/2020/01/26/kobe-bryant-morreu-em-desastre-de-helicoptero/|páxina-web=Observador|título=Morreu Kobe Bryant, uma das maiores estrelas de sempre da NBA, num desastre de helicóptero|data-acceso=26 de xaneiro de 2020}}</ref> foi un xogador de baloncesto profesional [[Estados Unidos de América|estadounidense]] que xogou durante toda a súa carreira para [[Los Angeles Lakers]] na [[National Basketball Association]] (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no [[NBA Draft|Draft da NBA]] de [[1996]] polos [[Charlotte Hornets]], e logo traspasado aos [[Lakers]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]]. Bryant e o entón compañeiro de equipo [[Shaquille O'Neal]] lideraron aos Lakers para conseguir tres campionatos consecutivos da [[NBA]], dende [[2000]] até [[2002]]. Despois da saída de O'Neal ao final da tempada [[2003]]-[[2004|04]], Bryant converteuse na pedra angular da franquía [[california]]na. Bryant foi o máximo anotador da liga en [[2005]]-[[2006|06]] e [[2006]]-[[2007|07]], conseguindo en [[2006]] 81 puntos nun só encontro contra os [[Toronto Raptors]], o segundo maior número de puntos anotados nun só xogo na historia da NBA despois dos 100 puntos de [[Wilt Chamberlain]].
 
Bryant foi galardoado co trofeo ao [[MVP da NBA|Xogador máis Valioso da tempada regular da NBA]] (MVP) en [[2008]], levando ao seu equipo ás Finais da NBA como o primeiro clasificado da [[Conferencia Oeste da NBA|Conferencia Oeste]], aínda que perdendo finalmente contra os [[Boston Celtics]]. Con todo, ao ano seguinte gañou o seu cuarto campionato da NBA, conseguindo o que sería o décimo quinto título dos [[Lakers]], gañando tamén o seu primeiro premio [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]]. En [[2008]], gañou tamén a medalla de ouro nos [[Xogos Olímpicos de 2008|Xogos Olímpicos de Pequín de 2008]] como membro do equipo de baloncesto masculino dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], repetindo galardón en [[Xogos Olímpicos de 2012|2012]]. Dende o seu segundo ano na liga, Bryant participou en tódolos [[NBA All-Star Game]], gañando o premio de MVP do mesmo en [[2002]], [[2007]] e [[2009]]. En [[2009]], a camiseta de Bryant foi o máis vendida en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Europa]] e [[China]]. Aínda que se lle coñeceu por varios nomes durante toda a súa carreira, o seu alcume era "Black Mamba". Despois de ser representado por Arn Tellem, Bryant foi logo representado por Rob Pelinka. En [[2010]], Bryant converteuse no máximo anotador de todos os tempos da historia dos Lakers.