Manuel María Puga Parga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 5:
Fillo de [[Luciano Puga Blanco]], naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o [[23 de abril]] de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.
 
Estudou dereito en [[Santiago de Compostela]] onde presentou a súa tese de grao "Fueros Nobiliaros" en [[1895]] e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a [[Galiza]] onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en [[Arteixo]]. Comezou a escribir no xornal ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en [[1913]] escribiu uno artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":
 
{{cita|Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.<ref>Xosé Cermeño: Introdución a ''A cociña popular...''. páx. 15.</ref>}}