Paul Feyerabend: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
* él > el.
Liña 12:
Cara a finais dos 60 os seus artigos comezan a revelar o seu xiro cara a unha especie de '''pluralismo teórico''' segundo o cal o mellor mecanismo para o progreso pasa por introducir o maior número posible de [[hipótese]]s alternativas, tal como publicou nun longo artigo en [[1970]] (''Contra o método''). Feyerabend planeou con [[Imre Lakatos]], amigo seu, unha colaboración en forma dun libro de debate que se chamaría ''For and against method'' (A favor e contra o método). Aínda que a morte de Lakatos acabou co proxecto conxunto, Feyerabend publicou a súa parte como o seu primeiro libro baixo o título ''Contra o método'' ([[1975]]).
 
Nos seus seguintes libros ''Ciencia nunha sociedade aberta'' ([[1978]]), ''Ciencia como unha arte'' ([[1987]]) e ''Adeus á razón'' ([[1987]]), puntualizou e desenvolveu a súa epistemoloxía. Estes significaron un claro respaldo ao relativismo, chegando a afirmar que en realidade a ciencia sofre cambios, pero non progreso. Morreu a consecuencia dun tumor cerebral para o que non existía tratamento eficaz. Enfrontado á terrible circunstancia da enfermidade que o levou á tumba, optou pola medicina tradicional, non pola maxia ou outro sistema de crenzas que, segundo élel, sería tan válido como un apoiado pola ciencia. A súa autobiografía ''Matando o tempo'' publicou a título póstumo en [[1995]].
 
== Filosofía ==