Alamanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Alemanni_expansion.png|miniatura|dereita|300px|Área ocupada polos alamáns e escenarios das principais batallas contra os [[Imperio Romano|romanos]] entre os séculos III e VI.]]
 
Os '''alamáns''' (en [[lingua alemá|alemán]] ''Alemannen'') eran un conxunto de [[tribo]]s [[Pobos xermánicos|xermanas]] [[suevos|suevas]] establecidas no bordo sur medio e inferior do [[río Elba]], ao longo do [[río Main]] onde foron mencionados por primeira vez por [[Dión Casio]] no [[213]] na campaña que realizou Caracalla contra eles.<ref name=":2">[http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/78*.html Dion Cassio, 78.13.4.]</ref>
 
Os alamáns ocuparon os [[Agri Decumates]] en 260, e despois expandíronse á actual [[Alsacia]] e norte de [[Suíza]], o que levou á implantación do antigo idioma alto alemán neses territorios, que foi denominado como ''Alamania'' durante o século VIII. No 496, os Alamáns foron vencidos polos [[francos]] de [[Clodoveo I|Clodoveo]] que incorpora as súas terra ao seu reino.
Liña 19:
 
=== Campañas de Xuliano ===
No 355, [[Xuliano]], foi nomeado por [[Constancio II]] como "César", co encargo de pacifica-la Galia<ref>Collins (2000), p. 65</ref> fronte aos ataques de francos e alamáns, o que conseguiu durante as campañas entre o 356-359. No primeiro ano, 356, recuperou e reconstruíu [[Colonia, Alemaña|Colonia]],<ref name=":1">Lomas & López (2004), p. 447</ref> que fora arrasada anteriormente por francos e alamáns, e asinou a paz cos príncipes francos do Mosa.<ref>Collins (2000), p. 66</ref> A seguir, no 357, concentrou as tropas romanas e os auxiliares galos nos arredores de [[Reims]] para se dirixir cara a [[Estrasburgo]], mentres outro exército romano cuns 25.000 soldados, ao mando dun xeneral xermano chamado Barbatio, partía de Italia para se xuntar con el. A confederación alamá, ben informados, adoptaron a súa táctica característica de lanzarse en masa, cuns 35.000 guerreiros capitaneados por Cnodomario, contra un dos exércitos, o de Barbatio, antes de que se unisen. Conseguiron, derrotar a Barbatio que se tivo que refuxiar en Augusta Raurica (preto da actual [[Basilea]])<ref name=":0">Collins (2000), p. 67</ref> e marcharon contra o exército de Xuliano, seguramente máis cativo. Na batalla posterior, chamada [[batalla de Argentoratum]] (ou de Estrasburgo), os alamáns foron completamente derrotados, <ref>Heather (2010), p. 62</ref> perdendo máis de 6.000 homes e sendo capturado o seu xefe. Inmediatamente, Xuliano, marchou a Maguncia e cruzou o Rin, polo que os alamáns pediron unha tregua<ref name=":0" /> mentres se conseguiu a consolidación e mantemento do ''limes''.<ref name=":1" />
 
=== Fin do Imperio romano ===
Unha vez extinguido o Imperio, os alamáns enfrontáronse aos francos de Clodoveo que os derrotaron na [[batalla de Tolbiac]]<ref>Gibbon (2006), p. 518</ref> e convértenos en tributarios, pasando parte deles ao servizo dos ostrogodos de Teodorico.<ref>Collins (2000), p. 158</ref> Mesmo, no 553, rebeláronse na Recia, a zona que ocupaban, e devastaron Italia. posteriormente foron cristianizados e asimilados, en gran parte, por outras tribos xermánicas.
 
== Cronoloxía ==