Fernando I de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m García II de Galicia
Liña 10:
Os primeiros dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
 
Levou a cabo unha enerxética actividade de [[Reconquista]], tomando as prazas de [[Lamego, Portugal|Lamego]] ([[1057]]), [[Viseu, Portugal|Viseu]] ([[1058]]) e [[Coímbra]] ([[1064]]). Amais, someteu varios dos [[Taifa|reinos de taifas]] ao pago de [[parias]] ao reino leonés. Antes de morrer dividiu os seus dominios entre os fillos: ao primoxénito, [[Sancho II de Castela|Sancho]], correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o [[condado de Castela]], elevado á categoría de reino, e as parias sobre o [[Taifa de Zaragoza|reino taifa de Zaragoza]]; a [[Afonso VI de León|Afonso]], o favorito, correspondeulle o [[Reino de León]] mailo título imperial, así como os dereitos sobre o [[Taifa de Toledo|reino taifa de Toledo]]; [[García II de Galicia|García]] recibiu o [[Reino de Galiza]] mailos dereitos sobre os reinos taifas de [[Taifa de Sevilla|Sevilla]] e [[Taifa de Badaxoz|Badaxoz]]; a [[Urraca de Zamora|Urraca]] e a [[Elvira de Toro|Elvira]] correspondéronlles as cidades de [[Zamora]] e [[Toro, Zamora|Toro]], respectivamente, tamén con título real, e unhas rendas adecuadas.
 
== Traxectoria ==