Diferenzas entre revisións de «Heparina»

(Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
 
== Aplicacións médicas ==
A heparina é un anticoagulante natural producido polos [[basófilo]]s e as [[célula mastoidemastocito|células mastoides]] ou cebadas.<ref>{{cita libro |autor = Guyton A. C., Hall, J. E. | título = Textbook of Medical Physiology | edición=11 | editor = Elsevier Saunders | ano = 2006 | páxina=464 | isbn=0-7216-0240-1}}</ref> Os efectos anticoagulantes da heparina impiden a formación de novos coágulos e o aumento dos coágulos xa existentes no sangue. A heparina non destrúe directamente os coágulos xa formados (a diferenza do [[activador do plasminóxeno tisular]]), senón que facilita que funcionen normalmente os mecanismos naturais de lise dos coágulos (fibrinolise) para que destrúan os coágulos formados. A heparina non degrada a [[fibrina]], pero impide a conversión do fibirinóxeno en fibrina (só os trombolíticos poden destruír un coágulo).
A heparina úsase xeralmente como anticoagulante nas seguintes doenzas:
* [[síndrome coronaria aguda]], por exemplo, o [[infarto de miocardio]]
187.720

edicións