Google: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
[[Ficheiro:Google España.jpg|miniatura|300px|Oficina de Google España]]
 
[[Sergei Brin]] e [[Larry Page]] fundaron o buscador Google en 1998. Brin e Page eran estudantes de informática en [[Stanford]] cando se coñeceron en 1995 e decidiron escribir xuntos a súa tese doutoral. A tal tese versaba sobre os algoritmos para optimizar as buscas na, xa entón, selvática Internet. Miles de millóns de páxinas web, imaxes e arquivos alagaban os servidores de Internet. Parecía entón imposible poñer un pouco de orde en semellante barafunda. O algoritmo que propuxeron Brin e Page, coñecido como ''BackRub'' consistía basicamente en rastrexar as ligazóns das páxinas cara atrás para medir a súa importancia dentro da rede de redes. En 1998 publicaron un artigo especializado no que propugnaban o método ''PageRank'' que refinaba non só a busca senón a valoración relativa de cada páxina web en Internet.<ref>{{Cite journal|last=Brin|first=Sergey|author-link=Sergey Brin|last2=Page|first2=Lawrence|author-link2=Larry Page|year=1998|title=The anatomy of a large-scale hypertextual Web search engine|url=http://infolab.stanford.edu/pub/papers/google.pdf|journal=Computer Networks and ISDN Systems|volume=30|issue=1–7|pages=107–117|citeseerx=10.1.1.115.5930|doi=10.1016/S0169-7552(98)00110-X}}</ref><ref>{{cite journal |last=Barroso |first=L.A. |last2=Dean |first2=J. |last3=Holzle |first3=U. |date=April 29, 2003 |title=Web search for a planet: the google cluster architecture |journal=IEEE Micro |volume=23 |issue=2 |pages=22–28 |doi=10.1109/mm.2003.1196112 |quote=We believe that the best price/performance tradeoff for our applications comes from fashioning a reliable computing infrastructure from clusters of unreliable commodity PCs.|url=https://semanticscholar.org/paper/8db8e53c92af2f97974707119525aa089f6ed53a }}</ref>
 
Xa daquela ''BackRub'' era moi coñecido no campus de Stanford e moitos estudantes conectábanse ós servidores implementados por Brin e Page para consultar a súa base de datos. Pero, en 1998, aquel servidor estaba na habitación que Larry Page tiña no colexio maior. Quedaba aínda un pouco para que nacese Google.