Lucas Labrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Lucas Labrada''' (1762 - 1842), ilustrado galego, autor dunha descrición económica da Gaiza. ==Biografía== '''Lucas José de los Dolores Labrada Romero''' nace...
 
Liña 7:
Nos anos da ocupación napoleónica, Labrada aparece como un [[afrancesado]], prestando servizos de [[intérprete]] do Estado maior francés. Porén en [[1820]] figura na Xunta de Censura dos liberais coruñeses, e pasa a ser favorecido con a praza de secretario da nova Deputación provincial de Ourense, posto que non lle duraría tras a reposición [[Absolutismo|absolutista]] de 1823, aínda que puido retornar como secretario do Consulado herculino, institución á que aparece ligado ata a súa morte en agosto de 1842.
 
A súa obra máis importante foi a "''Descripción económica del Reyno de Galicia''". [[Ferrol]]. [[1804]], obra na que valéndose en ocasións de [[corresponsal|corresponsais]], levanta acta do estado económico do país a fins do XVIII. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A [[Editorial Galaxia]] fixo unha reedición en [[1971]].