Firehose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 29:
[[George Hurley]] tamén estivo involucrado en varios proxectos musicais como Vida (co ex-membro de Black Flag [[Dez Cadena]]), [[Red Krayola]] e Tripod (os dous con Tom Watson), e [[Unknown Instructors]]. Ao igual que Watt, George Hurley tamén vive en San Pedro.
 
[[Ed Crawford]] tamén traballou nun feixe de proxectos como o trío de [[Carolina do Norte]] Grand National (non confundilo coa banda británica) ou o grupo de country alternativo [[Whiskeytown]]. No presente vive en [[Pittsburgh, Pensilvania]] e lidera o trío de [[rock alternativo]] FOOD.<ref name=":2">{{Cita web|título=Mike Watt on the fIREHOSE Reunion|url=https://www.rollingstone.com/music/music-news/mike-watt-on-the-firehose-reunion-189115/|páxina-web=Rolling Stone|data=2012-01-30|data-acceso=2019-11-18|lingua=en-US|nome=Greg|apelidos=Prato|nome2=Greg|apelidos2=Prato}}</ref>
 
=== Reunión ===
A principios do ano [[2012]] anunciouse que a banda reuniríase para os seus primeiros concertos en máis de 18 anos. Coincidindo coa reunión, publicouse un álbum recompilatorio que relata os seus principais traballos titulado ''lowFLOWS: The Columbia Anthology ('91-'93)''. O novo disco conta con ''[[Flyin' the Flannel]]'', ''[[Live Totem Pole]]'', ''[[Mr. Machinery Operator]]'', e material extra, como cortes ao vivo e instrumentais.<ref>{{Cita web|título=fIREHOSE announce anthology - 'lowFLOWS' - News - Fake Walls|url=http://fakewalls.com/blog/2012/3/2/firehose-announce-anthology-lowflows.html|páxina-web=fakewalls.com|data-acceso=2019-11-18|lingua=en}}</ref>
 
O 4 de xaneiro de 2012 ''Verbicide'' publicou un artigo detallando que, segundo o aviso dun lector, fixérase un anuncio no Harlow's en [[Sacramento, California]], o día [[29 de decembro]] de [[2011]] dicindo que Firehose actuaría no local o [[5 de abril]] de 2012.<ref>{{Cita web|título=fIREHOSE to Reunite|url=https://www.verbicidemagazine.com/2012/01/04/firehose-reunion/|páxina-web=Verbicide|data-acceso=2019-11-18|lingua=en-US}}</ref> Pouco despois Firehose tamén confirmou que tocaría no [[Coachella Valley Music and Arts Festival]] de 2012 en [[Indio, California]].<ref>{{Cita web|título=psst... pass it on #Coachella2012pic.twitter.com/RKTMN5tW|url=https://twitter.com/coachella/status/156524587578957826/photo/1|páxina-web=@coachella|data=2012-09-01|data-acceso=2019-11-18|lingua=en|apelidos=Coachella}}</ref> Unha pequena xira pola costa oeste bautizada ''Smokin' on the ol' pink pole'' comezou o 5 de abril en Harlow's e incluíu 14 datas, incluídas dúas en Coachella.
 
Despois de preguntarlle se Firehose estaba planeando facer un novo álbum, Mike Watt respostou, "Cando Edward preguntoume sobre facer novos concertos, tamén me dixo que quería compoñer... el tiña unha banda chamada Food, e dixo que estivera compoñendo cancións. Para esas dúas semanas de concertos só imos intentar algunhas das vellas. Pero el estivo falando sobre compoñer cancións. Entón, non sei, talvez no futuro".<ref name=":2" />
 
== Discografía ==