Lingua lombarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxo ligazón
Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 51:
O uso dos dialectos lombardos é xeralmente escaso na actualidade en Italia. Hoxe en día, na maioría das zonas da Lombardía italiana os menores de corenta anos falan case exclusivamente italiano estándar nas súas vidas diarias por mor da escolarización e a [[televisión]], incluso as persoas que falan un dialecto lombardo coa súa familia ou amigos, case sempre falan italiano estándar a un estraño. Isto débese a unha serie de razóns históricas e sociais. O seu uso foi historicamente desalentado polos políticos, probablemente porque se lle considerou como un obstáculo para o intento de crear unha "identidade nacional", isto chegou até o punto de que falar unha variedade non estándar considérase un signo de mala educación ou de baixo status social. Actualmente, o partido político que máis apoia á lingua (e as variedades do norte de Italia en xeral) é a [[Lega Nord]] (no pasado os partidos de esquerda tamén o apoiaban).
 
Porén obsérvase un certo renacemento no uso do lombardo durante última década, cando o uso da lingua se converteu nunha forma de expresar a identidade local e de distanciarse da estereotípica cultura mediterránea italiana. Ademais a popularidade dos artistas modernos que cantan en lombardo (en italiano: ''"dialettale rock"'') é cada vez un fenómeno maior tanto en Italia como en Suíza, entre os que o máis popular é [https://web.archive.org/web/20070317231628/http://www.davidevandesfroos.com/ Davide Van de Sfroos].
 
== Exemplo ==