Petróleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5303595 de 193.144.97.98 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 12:
 
== Orixe do petróleo ==
=== Teoría bioxénicabioxénicA ===
O petróleo é o produto da compresión e quecemento da materia orgánica depositada xunto cos [[sedimento]]s. O soterramento progresivo e consecuente subsidencia desa materia orgánica depositada xuntamente cos sedimentos mariños ou lacustres produce a compactación e formación dunha rocha chamada [[rocha xeradora]]. A materia orgánica, en estado sólido, presente na [[rocha xeradora]] é chamada [[queróxeno]]. Co incremento de temperatura, as moléculas do queróxeno comezan a ser quebradas, xerando compostos orgánicos líquidos e gasosos, nun proceso denominado [[cataxénese]]. Para que exista unha acumulación de petróleo é necesario que, despois do proceso de xeración, ocorra a migración do óleo e/ou [[gas]] a través das camadas de rochas adxacentes, ata atopar unha [[rocha selante]] e unha estrutura xeolóxica que deteña o seu paso, baixo a cal ocorrerá a acumulación do óleo e/ou gas nunha rocha porosa e permeábel chamada [[rocha reserva]]. Se ben esta teoría foi obxecto de moitas discusións no pasado e que aínda continúan na actualidade, segue a ser a de maior aceptación pola comunidade científica occidental.