Cidade da Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Puntualizacións sobre o Centro Museo Gaiás.
Liña 50:
* '''[[Biblioteca de Galicia]]''': Conta con 15.702 m² útiles e ten como obxectivo ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, representando o sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. Foi inaugurado polo Príncipe de España, [[Filipe VI de España|Filipe VI]], xunto co Arquivo de Galicia, o [[11 de xaneiro]] de [[2011]].
* '''[[Arquivo de Galicia]]''': Conta con 11.225 m² útiles. Pretende ser cabeceira e centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Foi inaugurado o 11 de xaneiro de 2011.
* '''[[Museo de Galicia|Museo Centro Gaiás]]''': Conta con 20.734 m² útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o [[15 de xuño]] a exposición "[[Gallaecia Petrea]]". Non se trata dun museo, senón dun centro expositivo, pois carece de colección.
* '''Edificio Fontán''': Instalarase o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais.<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30927/feijoo-anuncia-que-situara-cidade-cultura-edificio-fontan-onde-instalaran-servizos|data-publicación=28 de maio de 2018|páxina-web=[[Xunta de Galicia]]|título=Feijóo anuncia que se situará na Cidade da Cultura o edificio Fontán, onde se instalarán os servizos compartidos entre as tres universidades galegas|data-acceso=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180612143645/https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30927/feijoo-anuncia-que-situara-cidade-cultura-edificio-fontan-onde-instalaran-servizos|dataarquivo=12 de xuño de 2018|urlmorta=si}}</ref> Asentarase sobre a estrutura do inacabado Teatro da Música, suspendidas as obras no 2011 por mor da [[Crise económica de 2008-2013|crise económica]] ata o 2014.<ref>[http://www.farodevigo.es/galicia/2011/10/29/suspension-obras-cidade-da-cultura-2014-costara-447000-euros/592796.html "La suspensión de las obras en la Cidade da Cultura hasta 2014 costará 447.000 euros"] ''[[Faro de Vigo]]''.</ref>
*'''Xardín Literario''': Construirase sobre o que iba a ser o Centro de Arte Internacional e dastacará pola súa [[lagoa]].<ref>{{Cita web|url=http://historiadegalicia.gal/2018/06/a-xunta-investira-outros-17-millons-nun-novo-edificio-para-a-cidade-da-cultura/|data-publicación=2 de xuño de 2018|páxina-web=Historia de Galicia|título=A Xunta investirá outros 17 millóns de euros nun novo edificio para a Cidade da Cultura|data-acceso=}}</ref>
Liña 88:
|Ficheiro:Torres_Hejduk_(Cidade_da_Cultura)2.jpg|Torres Hejduk
|Ficheiro:Soportales da cidade da cultura.jpg|Soportais da cidade da cultura
|Ficheiro:Santiago Cidade da Cultura 02-14.JPG|Museo deCentro GaliciaGaiás
}}