Xoán II de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (7)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 66:
Carlos morre o [[23 de setembro]] de [[1461]] a consecuencia dunha enfermidade pulmonar (ou envelenamento, como se chegou a especular, sinalando á súa madrastra Xoana Enríquez). Trala súa morte, a situación mantívose, con Xoán II afastado, a autoridade teórica residindo no novo herdeiro á coroa, Fernando, e a [[Deputación do Xeneral do Reino de Aragón]] gobernando. Pero a entrada do rei en Cataluña, incumprindo o pactado en [[Villafranca do Penedés]] desencadeou a [[guerra civil catalá]], que coincidiu coa [[revolta]] do campesiñado, iniciada en febreiro de 1462 (coñecida como a ''revolta dos pagesos de remensa''). O rei logrou manter a fidelidade de Aragón, Valencia e Sicilia fronte á revolta de Cataluña, onde se lle considerou desposuído da Coroa. En Cataluña, o bando realista estaba integrado principalmente polos campesiños, algúns mercadores e o pobo miúdo urbano ([[A Biga e a Busca|a Busca]]).
 
A comezos de 1462, o conde [[Gastón IV de Foix]], xenro do rei aragonés, manobrou o achegamento entre o seu sogro e o rei [[Luís XI de Francia]]. A voda de [[Gastón de Foix, Príncipe de Viana|Gastón de Foix]], fillo do conde, con [[Magdalena de Francia]], irmá do rei francés, posibilitaría a Luís XI someter ao futuro rei de Navarra ao vasalaxe do francés.<ref>[http://books.google.es/books?id=RLPl_xzbZpwC&lpg=PA788&dq=&hl=es&pg=PA788#v=onepage&q=&f=true]</ref> Neste sentido, o tratado de Olite de abril, garantiu o recoñecemento de Xoán II como rei de Navarra e de Gastón IV como o seu sucesor. A comezos de maio, os reis de Aragón e Francia entrevistáronse Sauveterre do que resultou o tratado de Baiona, polo que o rei Luís XI mandaría a Gastón IV á fronte dun exército francés para esmagar a sublevación en Cataluña, e Xoán II tivo que hipotecar Rosellón e Cerdaña como pago da débeda de 200.000 escudos para financiar o exército francés.<ref>[{{Cita web |url=http://books.google.es/books?id=ti-l2pKKhDkC&lpg=PA59&dq=&hl=es&pg=PA59#v=onepage&q=&f=true] |título=Copia arquivada |data-acceso=03 de xaneiro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141214175954/http://books.google.es/books?id=ti-l2pKKhDkC&lpg=PA59&dq=&hl=es&pg=PA59#v=onepage&q=&f=true |dataarquivo=14 de decembro de 2014 |urlmorta=si }}</ref><ref>[http://books.google.es/books?id=_vp1mwUwOmoC&lpg=PA522&dq=&hl=es&pg=PA522#v=onepage&q=&f=true]</ref> O [[Rosellón]] e [[Sardeña]] serían devoltos á Coroa de Aragón polo [[Tratado de Barcelona (1493)]].
 
O exército da [[Xeneralidade de Cataluña]], baixo o mando de [[Roger Pallarés]], sitiou a Xoana e ao seu fillo na súa fortaleza de [[Xirona]]. Pero a raíña soubo defenderse, durante catro meses, ata que chegaron as tropas do rei que, apoiadas por tropas francesas, obrigaron a levantar o cerco. Durante esta longa guerra os cataláns ofrecéronse a quen mellor axuda quixese ofrecerlles. O seu sobriño [[Henrique IV de Castela]] foi nomeado conde de Barcelona, pero a intervención diplomática do rei francés -que quería asegurar a vitoria realista para obter o pago á súa axuda- e a formación en Castela da Liga nobiliaria, apoiada por Xoán II de Aragón, para apartar a influencia de [[Beltrán de la Cueva]], forzáronlle a abandonar Cataluña.<ref name="Yolanda Guerrero Navarrete"/> A mesma oferta recibiu o [[Pedro de Portugal, conde de Barcelona|condestable Pedro de Portugal]] en [[1463]], pero dous anos despois este morrería a consecuencia das feridas sufridas na batalla que o infante Fernando, de trece anos, lle gañou en [[Calaf, España|Calaf]]. Posteriormente, os cataláns repetirían a oferta a [[Renato de Anjou]], en [[1466]].