Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
en secreto > en segredo
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 121:
En agosto de 1991 a cidade fronteiriza de [[Vukovar]] foi sitiada, dando comezo así á [[Batalla de Vukovar]]. Tropas serbias rodearon completamente a cidade. A poboación croata, incluíndo a 204ª Brigada de Vukovar, atrincheirouse na cidade e mantivo as súas posicións contra un gran número de brigadas mecanizadas de ''elite'' do JNA, apoiadas por unidades paramilitares serbias. Civís etnicamente croatas refuxiáranse na cidade, mentres que outros grupos fuxiron en masa das zonas en conflito. En termos xerais, os croatas escaparon das zonas fronteirizas con Bosnia e Serbia, mentres os serbios movíanse cara a elas.
 
Hai evidencias das extremas privacións sufridas pola poboación de Vukovar naqueles momentos.<ref name="Blaskovich">[http://www.jblaskovich.com/PDF/AnatomyofDeceit.pdf Blaskovich, Jerry (1997). Anatomy Of Deceit, Realities Of War In Croatia, New York: Dunhill Publishing] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121207055858/http://www.jblaskovich.com/PDF/AnatomyofDeceit.pdf |date=07 de decembro de 2012 }}. ISBN 0-935016-24-4.</ref> Algunhas estimacións cifran en 220.000croatas e 300.000 serbios o número de persoas desprazadas á forza durante a guerra en Croacia. Nos peores momentos do conflito, a finais de 1991, cerca de 550.000 persoas convertéronse temporalmente en refuxiados no lado croata. O censo de 1991 e o de 1993 mostran unha diferenza, na República Serbia de Krajina, de cerca de 102.000serbios e 135.000 croatas. En moitos lugares grandes grupos de civís foron desaloxados polos militares. Isto foi cualificado de [[limpeza étnica]], un termo que comezou entón a empregarse e no que podía entenderse desde o desaloxo até o asasinato dos civís pertencentes a un determinado grupo étnico.
 
{{Véxase tamén|Limpeza étnica}}