Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 232:
Nos anos recentes, os parlamentos dalgúns países cunha forte inmigración armenia teñen recoñecido oficialmente o xenocidio. Dous exemplos recentes son [[Francia]] e [[Suíza]]. Os contactos de Turquía para entrar na [[Unión Europea]] coincidiron cun número de chamamentos para considerar ó suceso como xenocidio, aínda que isto nunca se converteu nunha condición previa.
 
[[Ficheiro:ArmenianGenocideRecognition.png|miniatura|300px|Mapa político amosando en ouroverde os países que teñen recoñecido oficialmente o xenocidio armenio.]]
Os países que recoñecen oficialmente o xenocidio son [[Alemaña]], [[Arxentina]], [[Armenia]], [[Austria]], [[Bélxica]], [[Bolivia]], [[Brasil]], [[Bulgaria]], [[Canadá]], [[Chile]], [[Chipre]], [[Eslovaquia]], [[Francia]], [[Grecia]], [[Italia]], [[Líbano]], [[Lituania]], [[Luxemburgo]], [[Países Baixos]], [[Paraguai]], [[Polonia]], [[República Checa]], [[Rusia]], [[Siria]], [[Suecia]], [[Suíza]], [[Uruguai]], [[Cidade do Vaticano]] e [[Venezuela]]. Ademais, unha parte do Reino Unido, [[Gales]], [[Escocia]] e [[Irlanda do Norte]], tamén recoñeceu oficialmente o xenocidio, así como [[País Vasco]], [[Cataluña]], [[Aragón]], [[Navarra]] e [[Illas Baleares]] ([[España]]), [[Abruzos]], [[Sicilia]] e [[Toscana]] ([[Italia]]), [[Córsega]] ([[Francia]]), [[Ceará]], [[Estado do Paraná]], [[Estado do Río de Xaneiro]], [[Estado de São Paulo]] ([[Brasil]]), [[Overijssel]] ([[Países Baixos]]), [[Columbia Británica]], [[Ontario]] e [[QuébecQuebec]] ([[Canadá]]), [[Nova Gales do Sur]] e [[Australia Meridional]] ([[Australia]]).
 
Moitos xornais non empregaron a verba ''xenocidio'' durante moito tempo e moitos continúan sen facelo. Varias desas políticas agora se teñen invertido aínda que o termo está contra a política editorial, como é o caso do ''[[New York Times]]''.
Liña 241:
O [[12 de abril]] do [[2006]], algúns membros do parlamento francés presentaron unha proposta para crear unha [http://www.assembleenationale.fr/12/propositions/pion3030.asp lei] que castigaría a calquera persoa que negara a existencia do xenocidio armenio con máis de cinco anos de prisión e unha multa de 45.000 Euros. A proposición foi admitida a debate o [[18 de maio]] de [[2006]].
 
O [[10 de maio]] de [[2006]], o goberno búlgaro rexeitou unha proposta de recoñecemento do xenocidio armenio. <ref>[http://www.panarmenian.net/news/eng/?nid=17162 "Bulgarian Parliament Rejected Armenian Genocide Recognition Bill"].</ref>
 
En [[outubro]] de [[2006]] o parlamento francés presenta un proxecto que prevé condenar até cun ano de prisión e 45.000 euros de multa ós que neguen a existencia do xenocidio. A lei foi aprobada por un total de 106 votos a favor e 19 en contra. Deste xeito se completa o precepto ditado en [[2001]] que recoñece oficialmente o holocausto armenio por parte do Imperio Otomán.<ref>[http://www.clarin.com/diario/2006/10/12/um/m-01288917.htm Francia: avanza unha lei que castiga a negación do xenocidio armenio] en [[Diario Clarín]]</ref>
 
Os organismos internacionais que recoñecen o Xenocidio Armenio inclúen o [[Parlamento Europeo]], o [[Consello de Europa]], a [[Subcomisión das Nacións Unidas para a Prevención de Discriminación e Protección das Minorías]], o [[Centro Internacional de Xustiza Transitoria]], a [[Unión de Congregaciones Hebreas Americanas]], o [[Concilio Mundial de Igrexas]] e o autodeclarado non oficial [[Parlamento de Kurdistán no Exilio]].<ref>[http://www.cilicia.com/armo10i_kurdistan.html Cilicia.com - "Kurdistan Recognizes the Armenian Genocide"]</ref>.
 
== Pegada na cultura ==