Mosteiro de Santa María de Monfero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 14:
No [[1147]] <ref>1201 segundo Damián Yáñez Neira, en ''Gran Enciclopedia Galega'', s.v. ''Monfero''.</ref> acóllese á [[Orde do Císter|reforma cisterciense]] a través do [[Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes|Mosteiro de Sobrado dos Monxes]], vivindo a partir de entón anos de esplendor económico e cultural, ata o punto de ter que recorrer ó rei para defenderse das agresións dos nobles da comarca.
 
En [[1492]] os colonos negáronse a pagar os impostos establecidos polo mosteiro e mesmo chegaron a matar o abade. Esta situación, xunto ó declive espiritual pola deixadez dos abades comendatarios, levou ó mosteiro a unha situación crítica, que provocou a anexión á [[Congregación de Castela]] en [[1506]], da que dependeu ata a exclaustración de [[1835]]. En [[1882]] hai un intento efémero de reintroducir a vida monacal no mosteiro ao se establecer unha comunidade cisterciense da que era abade Manuel Antonio Díez, que fora monxe da Congregación de Castela. A ruína do mosteiro e unha [[epidemia]] de [[varíola]] fixeron fracasar a tentativa.
 
A mediados do [[século XVI]] a comunidade monástica iniciou obras de renovación que continuarían ata a seguinte centuria, obras caracterizadas polo seu estilo clásico. No ano [[1620]] encárgase das obras [[Simón de Monasterio]]. A partir de entón imponse o estilo [[barroco]] e derrúbase a vella igrexa. A morte no ano [[1624]] de Simón de Monasterio, ao que se lle atribúen as trazas da planta e o alzado, fai que outros mestres de obra teñan que seguir co seu proxecto.
 
As obras continuaron e no ano [[1639]] xa estaba rematado o [[ciborio]]. No ano [[1645]] traballábase na fachada e no ano [[1655]] consagrouse o templo. A capela da Virxe da Cela remátase cara o ano [[1666]], obra á que lle seguirán outras como a [[sancristía]], coñecida como ''Chirola''.
 
En [[1803]] un raio derrubou o ciblorio e causou importantes danos no edificio e, aínda que se comezou a restaurar en [[1807]], a invasión francesa interrompeu as obras de restauración. En [[1820]] produciuse a primeira [[exclaustración]] e, cando regresaron os monxes en [[1823]], o templo estaba baleiro e arruinado. Aínda que comezaron a restauralo, foron de novo expulsados en [[1835]], definitivamente, baixo a [[desamortización]] de [[Mendizábal]].
 
En [[1882]] hai un intento efémero de reintroducir a vida monacal no mosteiro ao se establecer unha comunidade cisterciense da que era abade Manuel Antonio Díez, que fora monxe da Congregación de Castela. A ruína do mosteiro e unha [[epidemia]] de [[varíola]] fixeron fracasar a tentativa.
 
No ano [[1931]] foi declarado [[Conxunto Histórico-Artístico|Monumento Nacional]]. En [[2004]] se desenvolveu un proxecto de reconversión do mosteiro nun hotel de luxo, pero a [[Crise económica de 2008-2013|crise económica]] detivo as obras de rehabilitación. En [[2019]], o mosteiro seguía abandonado e invadido pola vexetación.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Monasterio de Santa María de Monfero (186601418).jpg|miniatura|dereita|275px|Galería do claustro procesional coas súas bóvedas estreladas do século XVI]]
 
A igrexa é a parte que mellor se conserva. A igrexa [[Arquitectura románica|románica]] probabelmente constaba de tres [[Nave (arquitectura)|naves]] (a nave actual correspondería coa antiga nave central) e tres [[ábsida]]s. Só se conserva dela o muro meridional, notabelmente alombado, cunha porta de acceso de [[arco apuntado]] no seu extremo occidental que actualmente está tapiada.
 
Destaca a súa fachada barroca, única en [[Galicia]] polo xadrezado dos [[perpiaño]]s, alternando [[granito]] con [[xisto]], con catro enormes [[Columna (arquitectura)|columnas]] e dúas [[pilastra]]s rematadas con [[Capitel|capiteis]] corintios, que combina, seguindo a Bonet, unha estrutura clásica cun dinamismo barroco.
Liña 40 ⟶ 46:
 
Contemplando o mosteiro obsérvase o tránsito harmónico desde un clasicismo herreriano a un barroquismo interpretado cunha aberta naturalidade.
 
En [[1803]] un raio derrubou o ciblorio e causou importantes danos no edificio e, aínda que se comezou a restaurar en [[1807]], a invasión francesa interrompeu as obras de restauración.
 
Dende o ano [[1931]] está considerado [[Conxunto Histórico-Artístico|Monumento Nacional]].
 
== Galería de imaxes ==