Mosteiro de Santa María de Monfero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6:
 
== Historia ==
As súas orixes remóntanse cando menos ao [[século X]], ao se fundar un [[cenobio]] ao pé dunha [[capela|ermida]] dedicada a [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]]. Este cenobio, favorecido polo rei [[Bermudo II]], sufriu o ataque dos [[normandos]], sendo reconstruído a iniciativa de [[Afonso VII]] no ano [[11341135]] en colaboración con nobres como [[Afonso Bermúdez]] ou o Conde [[Pedro Osorio]], que lle fixeron doazóns e lle concederon privilexios.
 
[[Ficheiro:Monfero claustro procesional.jpg|miniatura|esquerda|250px|Claustro procesional coa fonte barroca no central]]
 
A comunidade naquel entón acollíase a regra de [[Bieito de Nursia|San Bieito]] xa que a comunidade conformárase con [[monxe]]s desa orde procedentes do [[Mosteiro de Santa María de Valverde do Bierzo]] (hoxe de [[Mosteiro de Santa María de Carracedo|Santa María de Carracedo]]).
 
No [[1147]] <ref>1201 segundo Damián Yáñez Neira, en ''Gran Enciclopedia Galega'', s.v. ''Monfero''.</ref> acóllese á [[Orde do Císter|reforma cisterciense]] a través do [[Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes|Mosteiro de Sobrado dos Monxes]], vivindo anos de esplendor económico e cultural.
 
A finais da [[idade media]], coa reforma dos [[Reis Católicos]], anexiónase á [[Congregación de Castela]], da que dependeu ata a exclaustración de [[1835]]. En [[1882]] hai un intento efémero de reintroducir a vida monacal no mosteiro ao se establecer unha comunidade cisterciense da que era abade Manuel Antonio Díez, que fora monxe da Congregación de Castela. A ruína do mosteiro e unha [[epidemia]] de [[varíola]] fixeron fracasar a tentativa.