Mecha (robot): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:1920_-_before_the_storm.jpg|miniatura|300px|O "mecha" forma parte de ''World of 1920+'' creado por [[Jakub Różalski]]]]
{{Contén texto xaponés}}
O termo {{Nihongo|'''mecha'''|メカ|meka|lead=yes}} pode facer referencia tanto á idea [[Ciencia|científica]] como ó [[Xénero literario|xénero]] de [[ciencia ficción]] que se centra en [[robot]]s xigantes ou máquinas ('''mechs''') controladas por persoas. Os mechas son representados de maneira común robots móbiles humanoides. O termo provén do [[Lingua xaponesa|xaponés]] (''meka'') que á súa vez é unha abreviación do préstamo inglés ''mekanikaru'' ('mecánico'), mais en xaponés é un termo máis inclusivo, sendo "robot" (''robotto'') ou "robot xigante" un termo máis reducidoespecífico.
 
Estas máquinas varían moito en tamaño e forma, pero distínguense dos [[vehículo]]s pola súa aparencia e tamaño [[humanoide]]s ou biomórficos, máis grande ca un humano. Existen diferentes subxéneros, con diferentes connotacións de realismo. O concepto de Super Robot e Real Robot son dous exemplos que se atopan no [[anime]] xaponés. O termo tamén pode referirse a plataformas robóticas humanoides ou non humanoides pilotadas no mundo real. Ademais, no contexto xaponés orixinal da palabra, "mecha" pode referirse a maquinaria / vehículos móbiles (incluídos avións) en xeral, tripulados ou doutro tipo.