Capricho español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''''Capricho español''''', Op. 34, é unha obra orquestral de cinco movementos baseada en melodías [[España|españolas]], composta por [[Nikolai Rimskii-Korsakov]] en [[1887]]. Nun primeiro momento, Rimskii-Korsakov concebiuconcibiu a obra como un solo de [[violín]] con [[orquestra]], pero máis tarde decidiu que a incorporación doutros instrumentos solistas acaía mellor ás vivaces melodías. O título en ruso é '''''Каприччио на испанские темы''''' (literalmente, '''''Capricho sobre temas españois''''').
 
A inspiración para a obra provén da música que o autor descubriu durante as súas viaxes como oficial da [[Armada (mariña)|mariña]] rusa entre [[1862]] e [[1865]]. En España pasou varios días en [[Cádiz]].
Liña 9:
# O segundo movemento, '''Variazioni''', empeza cunha melodía na sección de trompas. As variacións desta melodía son despois repetidas por outros instrumentos e seccións da orquestra.
# O terceiro movemento, '''Alborada''', presenta o mesmo tema do primeiro movemento de maneira case idéntica, aga algúns cambios na instrumentación e na tonalidade.
# O cuarto movemento, '''Scena e canto gitano,''' abre con cinco cadenzascadencias, primeiro de trompas e [[trompeta]]s, e despois de violín, [[frauta]], [[clarinete]], e [[arpa]]. Estes solos interpretan a melodía sobre un fondo rítmico a cargo de diversos [[Instrumento de percusión|instrumentos de percusión]]. A continuación, tócase unha danza en ritmo ternario que conduce inmediatamente ao movemento final.
# O derradeiro movemento, '''Fandango asturiano''', é unha danza animada de [[Asturias]]. A peza remata coa reaparición, más enérxica que nunca, do tema da Alborada.
 
A execución completa do ''Capricho'' dura ao redor de 16 minutos.
 
Está composta para [[Piccolo|píccolo]], dúas [[frauta]]s, dous [[óboe]]s (un deles [[corno inglés]]), dous [[clarinete]]s, dous [[fagot]]s, catro trompas, dúas [[trompeta]]s, tres [[trombón]]s, unha [[tuba]], [[Timbal|timbais]], [[ferriños]], [[Caixa (instrumento musical)|caixa]], [[bombo]], [[Prato (instrumento musical)|címbalos]], [[pandeireta]], [[castañola]]s, [[arpa]], e [[Trompa|cordas]].<ref>{{Cita web|url=http://imslp.org/wiki/Spanish_Capriccio,_Op.34_%28Rimsky-Korsakov,_Nikolay%29 |título=Capricho español no Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais |lingua=en}}</ref>
 
== Características ==
A peza é adoito louvada pola súa orquestración, que presenta unha gran sección de [[percusión]] e diversas técnicas especiais e articulacións, como no cuarto movemento no que os violinistas, violistas e violonchelistas teñen que arremedar o son das [[guitarra]]s (na partitura para violín e viola indícase con ''quasi guitara''). Malia o eloxio da crítica, a Rimskii-Korsakov amolábao que outros aspectos da peza ficasen ignorados. Na súa autobiografía escribiu:<blockquote>A opinión formada tanto polos críticos como polo público de que o ''Capricho'' é unha ''peza magnificamente orquestrada'' é erroneaerrónea. O ''Capricho'' é unha ''composición para orquestra'' brillante. O cambio de timbres, a feliz elección de deseños melódicos e padróns figurativos, precisamente axeitados para cada clase de instrumento, as breves e virtuosas cadenzas para os solos, o ritmo dos instrumentos de percusión, etc., constitúen a verdadeira ''esencia'' da composición, e non a súa forma ou orquestración. Os temas españois, de carácter bailadeiro, fornecéronme un valioso material para despregar efectos musicais multiformes. No fin de contas, o ''Capricho'' é indubidabelmente unha peza moi efectista, pero vivamente brillante por todo isto. Foi un pouco menos exitosa na terceira sección (Alborada, en si bemol maior), onde os metais dalgún xeito afogaban os deseños melódicos dos vento-madeira; mais isto é moi fácil de remediar, se o director presta atención e modera as indicacións dos tons fortes nos instrumentos de metal substituíndo o ''fortissimo'' por un ''forte'' sinxelo.</blockquote>
 
== Gravacións destacadas ==
Liña 29:
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
* Laki, Peter. [https://web.archive.org/web/20050316230810/http://www.clevelandorchestra.com/images/FTPImages/Performance/program_notes/021805.html Cleveland Orchestra program notes for performances on January 28 and 29, 2005].