Nakota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *canadianos
Liña 16:
As súas conclusións foron plenamente confirmadas pola investigación de campo realizada, durante 23 anos, por Jan Ullrich que tivo como conclusión a compilación, en 2008, do seu dicionario Lakota.<ref name=":0">Ullrich (2008), p.2</ref> Segundo Ullrich, o erro na denominación nome dos yankton-yanktonai,
 
{{cita|"comezou cos misioneros de mediados do século XIX entre os santee, que aplicaron en exceso unha regra de distribución fonética. Debido a que o dialecto yankton-yanktonai usa o sufixo -na onde os santee usan -da e os lakota usan -la , os misioneros pensaron que a distribución "l" ou- "d" - "n" aplicábase a tódalas posicións dentro das palabras.<ref>O erro dos misioneiros foi motivado polo feito de que, en lakota, a letra "d" substitúese polo "l" dun xeito tan sistemático que desapareceu do alfabeto (véase Ullrich, páxina 693).</ref> Polo tanto, crían que os yankton-yanktonai chamábanse a si mesmos nakota en lugar de dakota. Desafortunadamente, a suposición inexacta dunha división de Lakota-Dakota-Nakota perpetuouse en case todas as publicacións desde entón".<ref>Ullrich (2008), p. 2</ref>}}
 
Porén este erro tivo unha grande influencia sobre algúns nativos lakota e dakota e, mesmo, a xente moza dos yankton e yanktonai adoptaron o costume de empregar a denominación de "Nakota" coma un termo de autoafirmación para diferenciarse dos santee e dos teton.<ref>DeMallie (2001), p. 750</ref> O cambio non pode considerarse como unha regresión terminolóxica posterior causada polo feito de que a xente xankton-yanktonai vivía xunto cos santee nas mesmas reservas.<ref>Unha idea semellante é a apoiada por James H. Howard, que, aínda que admitiu que hoxe en día tódolos síux dos grupos oriental e central empregan para si mesmos (e para toda a nación) o nome de ''Dakhóta'', postula que o termo ''Nakhóta,'' simplemente "''caeu en desuso''" entre yankton e yanktonai (''op.cit.'', p. 4).</ref>