Xibarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
}}
 
A '''xibarda'''<ref>Nome galego preferente no dicionario da [[Real Academia Galega]] e como variante ao preferente '''xilbarbeira''' en ''Termos Esenciais de Botánica'' da Comisión de Normalización lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002</ref> ou '''xilbarbeira''' ('''''Ruscus aculeatus''''' <small>[[L.]]</small>) é unha [[especie]] [[fanerógama]] [[arbusto|arbustiva]], perenne, pertencente á familia das [[ruscáceas]]. Trátase dun arbusto (pode alcanzar os 80–100&nbsp;cm de altura) que adoita crecer asociado ás [[carballeira]]s ([[fraga (botánica)|fragas]], formacións de [[aciñeira]]s...), e macizos de [[matogueira]]s. Tamén se coñece polos nomes populares de '''rascacú''' e '''mesquita'''.
 
== Distribución ==
É orixinaria de [[Eurasia]] e en [[Europa]] crece principalmente ono sur do continente, na área [[Mediterráneo|mediterránea]]. Vive desde o nivel do mar até os 1.000 metros de altura no [[sotobosque]] centroeuropeo e [[mediterráneo]], aínda que tamén o atopamos no norte de [[África]] e [[Asia]]. Prefire os solos básicos, secos e fértiles e as zonas sombríassombrizas.
 
É abundante en toda [[Galicia]], en [[carballeira]]s e [[Souto (botánica)|soutos]] ou sobre substratosubstratos rochosorochosos, preferindoespeciamente en zonas húmidas.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Xilbarbeira.jpg|miniatura|esquerda|250px|Detalle dunha mata cun froito aínda verde (no ángulo superior esquerdo distínguense unhas follas de buxo).]]
É un pequeno [[arbusto]] de 30 a 80&nbsp;cm de altura de cor verde escuroescura, con [[rizoma]]s subterráneos dos que saen talos florais masculinos ou femininos. En ambos os casos presenta dous tipos de [[talo]]s: os normais son lisos e redondeadosarredondados, mentres que os outros teñen falsas follas, de forma ovolanceolada de 2 a 3&nbsp;cm de lonxitude e acabadas cunha punta ríxida e punzante.
 
As follas verdadeiras son diminutas, a modo de pequenas escamas lanceoladas e cun pequeno esporón, que normalmente pasan desapercibidas. Aparecen nas axilas e teñen entre 3 e 4&nbsp;mm de lonxitude. O que semellan ser as follas da planta son realmente unhas poliñas modificadas, denominadas tecnicamente cladodios ou filóclados, con forma de folla, lanceolada ancha, de cor verde e consistentes, rematadas nun apéndice espiñento e dispostas alternadamente.
 
As flores, que nacen na [[primavera]], son pequenas e verdosasaverdadas, unisexuais, e dioicas <ref>Quérese dicir que hai individuos machos e individuos femias.</ref>. Nacen en grupos de 2-3 no centro daqueles cladodios. O [[froito]] é unha baga do tamaño dunha [[cereixa]] pequena e de cor vermella ó madurecer, de 10 a 12&nbsp;mm de diámetro con dous [[semente]]s. Estes froitos son tóxicos e poden provocar vómitos e diarreas, especialmente nos cativos. A diseminación faise por medio das deposicións dos animais que comen os froitos (endozoocora). Reprodúcese tamén por rizomas que emiten novos talos.
 
Toda a planta fai a [[fotosíntese]] fóra das follas verdadeiras que se desprenden rapidamente. As [[flor]]es son pequenas, verdosas ou violáceas, están situadas no centro con seis [[tépalo]]s en dous [[verticilo]]s. As femininas son tricarpelares con ovario súpero mentres que as masculinas teñen tres [[estame]]s soldados polos filamentos. A polinización faise por medio de [[insecto]]s (entomógama).
 
== Usos ==
Liña 40:
{{Aviso médico}}
[[Ficheiro:Illustration Ruscus aculeatus0.jpg|miniatura|Xilbarbeira]]
O [[rizoma]] utilízase en [[homeopatía]] como [[diurético]], en infusión, cocción ou extractos. Tamén se recomenda contra as [[hemorroide]]s ou as [[variz|varices]], en uso externo, grazas aos seus compoñentes que son vasoconstritores e antiinflamatorios. Reduce tamén a [[celulite]] e, ao conter [[rutósido]], axuda contra a [[flebite]] e mellora a circulación. É un bo diurético e posúe propiedades febrífugas. Moi recomendable contra os cálculos da [[vesícula]], axudaamolece áa febre e contracombate a gota e a [[artrite]], xa que axuda a eliminar o [[ácido úrico]]. Contén gran cantidade de [[tanino]]s, [[glicósido]]s, [[resina]], [[calcio]] e [[potasio]].
 
Non se debe administrar durante o [[embarazo]] ou [[lactación]]. Os seus [[froito]]s, consumidos por nenos, provocan [[vómito]], [[diarrea]]s e [[convulsión]]s.
=== Ornamental ===
Utilízase tamén en [[floraría]] para a confección de ramos de flores.
En moitos países as súas polaspólas utilízanse como decoración do Nadal.<ref name="uno">[http://www.botanical-online.com/plantasdenavidad.htm Plantas de Nadal. Botanical en liña]</ref>
 
=== Vasoiras ===
Ata mediados do [[século XX]], a xibarda aproveitábase (como tamén as [[xesta]]s e [[codeso]]s) para facer [[vasoira]]s. Era moi común que antes da malla se varrese a [[aira]] concoas súas pólas elassecas. De feito, en [[Navia de Suarna|Suarna]] denomínana ''escobas''.
 
== Sinonimia ==