Parque natural de Montesinho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tradución dende pt.wikipedia.org (pt>gl) con melloras, como ampliación de lexislación.
 
Tradución dende pt.wikipedia.org (pt>gl) con ampliacións e melloras
Liña 18:
O '''Parque Natural de Montesinho''' é un [[Espazo natural protexido|espazo natural]] [[Portugal|portugués]] catalogado como [[parque natural]] que acolle ao macizo montañoso de Montesinho e da Coroa no norte do [[Distrito de Braganza|distrito de Bragança]], en [[Tras os Montes e Alto Douro|Trás-os-Montes e Alto Douro]]. Esta área de conservación ocupa 74.229 ha. do norte dos municipios de [[Vinhais]] e [[Bragança]] e limita coa [[Galiza]] e [[Zamora]].<ref name="ICNF">{{Cita web|url = http://www2.icnf.pt/portal/ap/p-nat/pnm/class-carac| título = Áreas protegidas: Parque Natural de Montesinho | editores = ICNF - Instituto da conservação da Natureza e das Florestas | dataacceso=14/9/2019}}</ref><ref name="DL35579">{{Cita publicación periódica | título = Decreto-lei 355/79, de 30 de Agosto | editores = Ministério da Habitação e Obras Públicas - Secretaria de Estado do Ordenamento Físico, Recursos Hídricos e Ambiente, República Portuguesa | xornal = Diário da República | número = 200/1979 | volume = Série I | data = 30/8/1979 | url = https://dre.tretas.org/dre/29943/decreto-lei-355-79-de-30-de-agosto| cita = Cria o Parque Natural de Montezinho.}}</ref><ref name="DR5A97">{{Cita publicación periódica | título = Decreto Regulamentar 5-A/97, de 4 de Abril | editores =Ministério do Ambiente, Governo de Portugal | xornal = Diário da República | número = 79/1997 | volume = 1º Suplemento, Série I-B | data = 4/4/1997 | url = https://dre.tretas.org/dre/80810/decreto-regulamentar-5-A-97-de-4-de-abril| cita = Procede à reclassificação do Parque Natural de Montesinho, dispondo sobre os seus objectivos e respectivos órgãos.}}</ref>. No parque están presente especies ibéricas e europeas ameazadas, como os [[Canis lupus|lobos europeos]] e [[cervo común|cervos]], ou endemismos como os das [[armeria]]s.
 
NraiasNas raias galega e zamorana están continuos a este parque as [[Zona especial de conservación|zonas especiais de conservación]] (ZEC) da [[Pena Maseira]] e da [[Sierra de la Culebra]].<ref name="naturaPMaseira">{{Cita web| título = Natura 2000 - Standard Data Form: ES1130008 Pena Maseira | editores = Axencia Ambiental Europea - Unión Europea | dataacceso = 14/9/2019| url = http://natura2000.eea.europa.eu/Natura2000/SDF.aspx?site=ES1130008}}</ref><ref name="naturaSierraCulebra">{{Cita web| título = Natura 2000 - Standard Data Form: ES1190033 Sierra de las Culebra | editores = Axencia Ambiental Europea - Unión Europea | dataacceso = 14/9/2019| url = http://natura2000.eea.europa.eu/Natura2000/SDF.aspx?site=ES4190033}}</ref> De feito a Pena Maseira galega foi declarada como ZEC tamén coa finalidade de consolidar este parque portugués.<ref name="naturaPMaseira"/>
 
==Xeografía==
Liña 38:
===Xeoloxía===
O parque está asentado nun dominio onde dominan os xistos, inda que hai posicións con base de granitos, rochas ultrabásicas ou puntos menores con calcáreas.
 
==Flora e fauna==
===Flora===
Entre a diversidade de flora do Montesinho destaca a vexetación serpentinícola e as súas carballeiras.<ref name="naturaLIC"/>
 
Unha extensión importante é a que ocupan as queirogas e as xestas, ou matogueiras, nas zonas máis elevadas ou solos onde se deixou de cultivar. Nas zonas máis altas dominan as queiroas de ''[[Erica australis]]'' ssp. ''aragonensis'' e nas máis baixas a ''[[Cistus ladanifer]]'' ou ''[[Lavandula stoechas]]'' ssp. ''sampaiana''. En áreas con solos de maior profundidade aparecen as [[xesta]]s ''[[Cytisus scoparius]]'' e ''[[Cytisus striatus|C. striatus]]'' e ''[[Cytisus multiflorus|C. multiflorus]]''. Nas xesteiras dominan ''[[Erica tetralix]]'' e ''[[Genista anglica]]'' ou ''[[Echinospartum ibericum]]'', que só aparecen nas rexións máis altas do parque e en mosaicos. Nestas áreas están presentes endemismos como ''[[Ranunculus abnormis]]'', ''[[Doronicum pubescens]]'', ''[[Viola bubanii]]'', ''[[Gentiana pneumonanthe]]'' ou ''[[Caltha palustris]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
Outra son os lameiros, ou zonas de pastoreo de montaña, e que soen estar preto das zonas de ribeiras. Nestas áreas de alta diversidade dominan especies de gramíneas e trevos, pero aparecen outras máis infrecuentes como as orquídeas, p.ex. ''[[Serapias lingua]]'', ou outras como ''[[Dactilorrhyza maculata]]'' ou ''[[Paradisea lusitanica]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
En canto á masa arbórea, nestas serras están presentes os soutos de castiñeiros (''[[Castanea sativa]]''), polo xeral explotados para o seu aproveitamento, as [[aciñeira]]s, en zonas máis baixas ou en abas e veigas, e carballeiras. As carballeiras danse nun continuo que chega ata o sur do parque, ata a serra de Nogueira. Estas carballeiras nas zonas máis baixas e de costas son de ''[[Quercus rotundifolia]]'' e nas maiores altitudes de ''[[Quercus pyrenaica]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
Nos solos ultrabásicos deste parque aparecen endemismos como ''[[Armeria eriophylla]]'', ''[[Anthyllis sampaiana]]'', ''[[Avenula pratensis]]'' ssp. ''lusitanica'', ''[[Linaria aeruginea]]'', ''[[Notholaena marantae]]'' ssp. ''marantae'' e a ''[[Santolina semidentata]]''.<ref name="naturaLIC"/><ref name="ICNF"/>
 
===Fauna===
Este parque alberga unha importante diversidade animal. Chegáronse a contabilizar ata as 250 especies de vertebrados e alberga un alto número de endemismos e especies ameazadas.<ref name="ICNF"/>
 
Destaca por ser a área portuguesa con máis poboación do lobo (''[[Canis lupus]]''), e das máis significativas da península, xunto con Zamora, para a súa conservación.<ref name="naturaZEPA"/><ref name="naturaLIC"/> No parque están presentes poboacións de veados (''[[Cervus elaphus]]''), corzos (''[[Capreolus capreolus]]'') e gatos bravos (''[[Felis silvestris]]''). Do mesmo xeito, é un parque cunha alta riqueza de fauna acuática e de ribeira, como as dos ríos Sabor e Tua. Están presentes especies como a rata de auga ''[[Arvicola terrestris]]'', o auganeiro (''[[Galemys pyrenaicus]]''), as londras (''[[Lutra lutra]]'') ou os morcegos grandes de ferradura (''[[Rhinolophus ferrumequinum]]'').<ref name="ICNF"/> Nos ríos pódense atopar as troitas de río ''[[Salmo trutta]]'', ''[[Rutilus arcasii]]'', ''[[Chondrostoma arcasii]]'', ''[[Chondrostoma duriense]]'', ''[[Cobitis calderoni]]'' e os mexillóns de río (''[[Margaritifera margaritifera]]'')<ref name="ICNF"/>
 
Tamén habitan o parque as víboras ''[[Vipera latastei]]'', o lagarto das silvas (''[[Lacerta schreiberi]]'') e o tritón marmorado (''[[Triturus marmoratus]]'').<ref name="ICNF"/>
 
Entre os endemismos de insectos están as [[bolboreta]]s ''[[Lycaena virgaureae]]'', ''[[Brenthis daphne]]'', ''[[Boloria dia]]'' e ''[[Aphantopus hyperanthu]]''.
 
====Aves====
O parque natural é tamén unha [[Zona de especial protección para as aves|ZEPA]] grazas a súa diversidade de avifauna, que chega ata as 170 especies. Esas aves son en gran parte nidificantes e típicas de zonas de montaña.<ref name="naturaZEPA"/><ref name="ICNF"/> Están presentes aves infrecuentes como a aguia real (''[[Aguia real|Aquila chysaetos]]''), a cegoña negra (''[[Ciconia nigra]]''), a gatafornela (''[[Circus cyaneus]]''), o picanzo vermello (''[[Lanius collurio]]''), o melro rubio (''[[Monticola saxatilis]]'') ou a pica alpina (''[[Anthus spinoletta]]'').<ref name="ICNF"/>
 
==Lexislación==