Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m actualización alcaldías 2019
Etiqueta: edición de código 2017
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Patrimonio: Cardinal correcto
Liña 156:
As outras dúas portas aínda existentes son a '''[[Porta do Valado]]''', que conserva restos da primitiva muralla, e a '''[[Porta da Vila]]''', en cuxo arco se garda unha imaxe de [[Cristo]] do século XVIII entre outras dúas da [[Virxe María|Virxe]] e [[Xoán o Evanxelista|San Xoán]], do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.
 
A [[ponte da Misericordia]], ou '''Ponte Maior''', cruza a ría até [[Covas, Viveiro|Covas]]. Construíuse entre 1462 e 1544 e recibe o nome pola [[capela da Misericordia de Viveiro|capela da Misericordia]], construción [[renacentista]] (s. XVII) que se atopa no extremo suroeste. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.
[[Ficheiro:Viverosanfrancisco.jpg|miniatura|250px|Igrexa de San Francisco.]]
A '''Praza Maior''' está presidida polo monumento a [[Pastor Díaz]], recentemente desprazada cara unha esquina.
Liña 163:
 
A [[igrexa de San Francisco de Viveiro|Igrexa conventual de San Francisco]] tamén é Monumento Nacional. É [[arquitectura gótica|gótica]] (s. XIV mais [[claustro]] do XVII). A [[ábsida]] ten ventanais altos e estreitos. Na capela gótica de [[Santo Ildefonso]] hai un [[retablo]] do século XIV. No muro esquerdo da [[Nave (arquitectura)|nave]] atópase o sartego [[oxival]] da beata Constanza de Castro, filla de [[Pardo de Cela]].
 
 
=== Etnografía ===