Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Arranxos
Liña 251:
O territorio no que hoxe se asenta Carballo estivo poboado dende épocas moi temperás. Testemuño destes primitivos asentamentos son os utensilios [[paleolítico]]s atopados no espazo natural de [[Razo]] - Baldaio, expostos no [[Museo Arqueolóxico da Coruña]].
 
Da cultura [[Megalitismo|megalítica]] chegou ata os nosos días o [[dolmen de Pedra Moura]], situado na parroquia de [[Aldemunde, Carballo|Aldemunde]]. Existe constancia da elevada poboación que debeu existir no municipio durante a etapa [[Castro (poboado)|castrexa]]. Así o demostran as vinte [[construción]]s catalogadas polo investigador Antón Rodríguez. Malia que a conservación destes castros é irregular, sobresaen pola súa complexa estrutura os de Vilela, Nión ou Oza, nos que aínda pode apreciarse o recinto defensivo. Os estudos realizados levan ea pensar que estes castros poderían ser coetáneos da tribo celta dos brigantinos, que lle deu nome á Comarcacomarca.
 
É posible que os [[Roma Antiga|romanos]] se asentaranasentasen nas terras atraídos pola súa fertilidade e abundancia en [[Mineral|minerais]]. Ata os nosos días só chegou unha pequena parte do seu legado. Deste período queda no municipio o castro de Torre Pardiñas, en Razo. A influencia romana pode apreciarse nos restos do seu sistema defensivo. Sobresae ademais a [[ponte Lubiáns]], unha das máis estreitas de Galicia, que formaba parte da [[calzada romana]] ''[[Vía XX|Per Loca Maritima]]'' que unía Finis Terrae con [[Brigantium]]. Segundo os historiadores, os vestixios visibles datan da época [[Idade Media|medieval]] ou do [[século XVIII]].
 
Outro dos motivos que puideron contribuír ao asentamento dos romanos foron as augas sulfurosas de Carballo, que aínda se explotan na actualidade. Así o testemuñan os restos dunha vila termal atopada no [[século XVIII]].
 
A parroquia de San Xoán de Carballo, que recibiu o seu nome dun carballo situado diante da antiga igrexa parroquial, pertencía nas súas orixes á xurisdición de Santiago de [[Sísamo]]. Malia que a súa existencia pode ser constatada dende o [[século XII]], o primeiro libro parroquial de Carballo data de [[1663]]. Durante este período, e ata que acadou a independencia en [[1607]], dependeríadependeu do mosteiro de [[Soandres]] (do cal dependía dende [[1418]]) e do Couto de [[Ardaña]].
 
Este primeiro núcleo complementaríasecomplementouse no século XVIII cun novo asentamento arredor da Casa de Baños. O redescubrimento en [[1716]] das famosas e saudables augas termais —das que se abastece hoxe o balneario de Baños Vellos— contribuíu en gran medida á creación do municipio.
[[Ficheiro:Antiga mina no Monte Neme.jpg|miniatura|Mina abandonada en monte Neme. O monte foi explotado na década de 1940 para a extracción de [[volframio]], emperradoempregado na fabricación de armamento durante a [[segunda guerra mundial]].]]
Carballo establéceseestableceuse como Concelloconcello en [[1836]], e dende aquela o concello quedou dividido nas actuais 18 parroquias. Xa en [[1920]] o arquitecto [[Julio Galán Carvajal|Julio Galán]] construiríaconstruíu a que seríafoi a Casa do Concello ata [[1974]]. En [[1924]] rematanremataron as obras dunha nova igrexa, de estilo modernista, nas inmediacións da antiga praza do mercado. Nos anos 20 e 30 do [[século XX]] asistimosasistiuse á modernización de Carballo, coa apertura de prazas, a creación de escolas ou a finalización do xardín. A década dos 40, co auxe da explotación de [[volframio]], supuxo o comezo dunha época de crecemento que acadaríaacadou o seu máximo esplendor a partir dos anos 60 e 80. Neste último terzo do século pasado prodúceseproduciuse a grande expansión urbanística do municipio.
 
Unha parroquia con forte personalidade propia é a de [[Rebordelos, Carballo|Rebordelos]], pertencente á xurisdición de Caión durante toda a Idade Media e parte da Moderna e constitutiva de concello independente ata 1836. Existe unha mámoa na estrada que vai á praia da Pedra do Sal, un castro celta no lugar de Costenla, varias casas señoriais no de Vilar de Peres e a capela de San Xoán co seu cruceiro no de Leira. No igrexario de Rebordelos sábese da presenza do conde de Graxal e o convento de Santo Agostiño e da familia dos Rodríguez-Arixón. A igrexa de San Salvador sitúase no centro do lugar, cunha rúa que a circunda. O cruceiro está a uns 150 metros . A parroquia de Rebordelos está bañada polo océano Atlántico: marismas de Baldaio, Pedra do Sal, praias da Lapeira, Arnela e Leira, Porto Loureiro e Pedra Furada, testemuñas de innumerables naufraxios.
 
En [[2011]] o Concello de Carballo celebrou o 175 aniversario da súa constitución.<ref>{{Cita novas |url=https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/11/05/paseo-memoria-carballo/548325.html |título=Un paseo por la memoria de Carballo |nome=Mª Carmen |apelidos=Suárez |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |data=5 de novembro de 2011 |dataacceso=16 de setembro de 2019 |lingua=gl}}</ref>