Mirza Ghalib: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino parámetro redundante
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
Ghalib comezou a escribir poesía aos once anos. A súa lingua materna era o [[lingua urdú|urdú]], aínda que na casa tamén se falaba [[lingua persa|persa]] e [[lingua turca|turco]]. Dende moi novo foi educado en persa e [[lingua árabe|árabe]]. Cando Ghalib comezaba a súa adolescencia, un viaxeiro iraniano musulmán acabado de converter, o [[zoroastrismo|zoroastro]] Abdus Samad, orixinariamente co nome Hormuzd, chegou a Agra. Abdus aloxouse na casa de Ghalib por dous anos e ensinoulle filosofía e lóxica.<ref>{{cita web |url=http://www.megajoin.com/video/p01eCmEYmYI/mirza-ghalib-kahoon-jo-haal-ch-atma/ |título=Mirza Ghalib. |editorial=Megajoin.com |dataacceso=20 de maio de 2013 |deadurl=yes |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20121103215537/http://www.megajoin.com/video/p01eCmEYmYI/mirza-ghalib-kahoon-jo-haal-ch-atma |dataarquivo=03 de novembro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Se ben o propio Ghalib estaba máis orgulloso das súas poesías en persa,<ref>Thackston, Wheeler: "A Millennium of Classical Persian Poetry," ''Ibex Publishers Inc.'' 1994, p.98</ref> na actualidade é máis coñecido polos seus ''[[ghazal]]'' en urdú. Escribíronse numerosos tratados e recompilacións dos ''ghazal'' de Ghalib por parte de estudosos urdús. O primeiro tratado ou ''Sharh'' foi escrito por [[Ali Haider Tabatabai|Ali Haider Nazm Tabatabai]] de Hyderabad durante o reinado do [[Asaf Khah VII|último Nizam de Hyderabad]]. Antes de Ghalib, o ''ghazal'' era en esencia unha expresión dun amor angustiado, mais Ghalib, a través do ghazal expresou filosofía, e os traballos e misterios da vida e escribiu ''ghazal'' sobre moitos outros temas, expandindo amplamente o alcance do xénero.