Caná: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 3:
'''Caná''' era unha cidade de [[Galilea]] citada algunhas veces polo [[Evanxeo de Xoán|Evanxeo]] segundo [[Xoán Evanxelista|Xoán]] como o lugar onde se realizou o primeiro milagre de [[Xesús Cristo|Xesús de Nazaret]], a [[conversión da auga en viño]] durante un casamento, feito coñecido coma as ''vodas de Caná''.
 
O [[Evanxeo de Xoán]] cita tamén Caná porque aló se atopaba Xesús Cristo cando lle van pedir de sandar ao fillo do funcionario real de [[Cafarnaúm]] (4, 46) e coma cidade natal de Natanael, identificado co apóstolo [[Bertomeu, apóstolo|Bertomeu]]. Algunhas tradicións indican que Caná sería tamén a cidade onde naceu [[Simón, apóstolo|Simón o Celote]], outro dos doce [[apóstolo]]s de [[Xesús Cristo]]. Porén en toda a [[Biblia]] non se fai maismáis referencia ningunha ao lugar.
 
Non se coñece a localización topográfica, xa que o evanxelista non a indica. Unha tradición que se remonta ao [[século XIII]] identifícaa coa vila de Kafr Kanna, sete quilómetros ao nordés de [[Nazaret]]; outros sitúana en Kenet al-Jalil (literalmente, en [[lingua árabe]], 'Caná de Galilea'), máis ao norte; en Aín Kana, máis achegada que as outras dúas localidades e máis probábel pola [[etimoloxía]] do nome; ou incluso en [[Qana]], ao sur do [[Líbano]].