Longobardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
alonxar > afastar
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''Longobardos''' (''Langobardi'' en [[latín]] e despois ''Lombardi'' por deformación despois do [[século VIII]], agás en [[Italia]] meridional, que conserva o nome de ''langobardi'' ata o [[século XII]]) era un [[pobo xermánico]], chegado do [[mar Báltico]], que pertencía máis especificamente ao grupo dos [[xermanos]] do [[Río Elba|Elba]], mais orixinario de [[Escandinavia]] meridional segundo a súa propia tradición oral narrada polo seu historiador [[Paulo Diácono]] a finais do século VIII. Este pobo, baixo a dirección do seu rei [[Alboíno]], invadiu a [[Italia]] do Norte a partir do principio do ano [[568]].
 
== Orixes e migración ==
Liña 11:
A obra ten como modelo o relato da migración dos [[godos]] (feito polo historiador de este pobo, [[Xordanes]]) e se cadra tamén relacionada co relato da migración dos [[anglos]], os [[xutos]] e os [[saxóns]] á illa de [[Gran Bretaña|Bretaña]] tal e como se fai na [[Crónica anglosaxoa]]. Tamén, o carácter mitolóxico da tradición longobarda obriga a considerar a hipótese da orixe escandinava e da etimoloxía dos longobardos coa máis grande das cautelas.
 
No [[século I]], os longobardos estásestán establecidos no curso inferior do Elba onde se enfrontan ao emperador [[Tiberio]]. No século seguinte, acadan o curso medio do [[Danubio]]. Así, en [[167]], están presentes en [[Pannonia]] onde permaneceron varios séculos. Cara a finais do [[século V]], en efecto, obteñen nesta rexión un tratado do emperador [[Xustiniano]], converténdose así en ''federados'' de Roma. Numerosos guerreiros longobardos serviron, a partir do ano [[551]], como [[mercenario]]s na Península Italiana contra os [[ostrogodos]].
 
De Pannonia, destrúen o pequeno reino [[hérulos|hérulo]] sobre o [[505]] e logo ocupan a provincia romana de Pannonia primeira (se cadra en [[527]]) e finalmente a Pannonia segunda a partir de [[547]]. Tras aliárense cos temíbeis xinetes [[ávaros]], un [[pobo da estepa]], que viña de chegar á rexión, baten aos [[xépidos]], que intentan estender o seu reino (c. [[567]]). Unha parte dos xépidos únense aos longobardos e séguenos a Italia, onde conservaron durante un certo tempo as súas propias leis. A partir de mediados do [[século VI]], parece que algúns longobardos se converteran ao [[cristianismo]], mentres que en paralelo traban coñecemento do [[arianismo]] (se cadra, a partir dos [[ostrogodos]] de Italia). En todo caso, a inmensa maioría dos longobardos son aínda [[Paganismo|pagáns]].
Liña 19:
== Os longobardos en Italia ==
[[Ficheiro:Mappa italia bizantina e longobarda.jpg|dereita|300px|Mapa da Italia bizantina e longobarda]]
A principios do ano [[568]], tras pasar a fronteira do [[Friúl]], máis de 200 000 longobardos e os seus aliados invaden a chaira do [[Río Po|Po]] mais, unha vez na península, chocan logo coas obras defensivas que rodean as cidades así como numerosas fortalezas romano-bizantinas. Tamén, como todo pobo bárbaro, os Longobardos prefiren o campo ás cidades e constrúen residencias rurais na fértil chaira do Po (as ''[[salae]]''), postas baixo a dependencia dunha das ''[[farae]]'' (do [[lingua xermánica|xermánico]] ''fara'': ''banda''). Vivir en comunidade lonxe das cidades debía seguramente impedir unha asimilación rápida entre a numerosa poboación romana e preservar a cohesión nacional longobarda así como as calidades guerreiras dos seus homes.
 
Teñen lugar numerosos cercos, longos e difíciles tanto para os cercados como para os cercadores, mentres que unha parte da poboación italiana foxe cara o nordeste, a [[Venecia]] e cara a costa [[Liguria|lígur]] (rexión de [[Xénova]]). Finalmente, os longobardos apodéranse da cidade de [[Pavía]] ([[572]]) pero [[Rávena]], última capital do [[Imperio Romano de Occidente|imperio de Occidente]], mantén a súa resistencia. AlgunhaAlgunhas bandas aramadasarmadas longobardas combatendo máis ou menos pola súa conta, infíltranse igualmente nos [[Apeninos]], no [[Benevento]] e ata [[Provenza]], de onde son expulsados polos [[francos]].
 
Despois dos asasinatos de Alboíno ([[572]]) e do seu sucesor [[Cleph]] en [[574]], os longobardos suprimen a realeza -feito único para esta época- e fican sen rei durante dez anos, errando en bandas máis ou menos rivais a través de toda a península que someten a un baño de sangue e lume, dirixidas por trinta e cinco xefes militares, os «Duques». A organización da realeza longobarda en Italia, que ía durar ata a conquista franca de [[Carlomagno]], ten as súas bases probablemente durante este período de [[anarquía]]: a coroa foi atribuída polos duques a un de entre eles, por elección.
Liña 30:
== Bizancio, Roma e os longobardos ==
 
Un conflito entre tres poderes caracteriza a historia do reino longobardo en Italia: o poder de Roma, sé apostólica; o poder bizantino, reliquia da tentativa de reconquista de [[Occidente]] emprendida polo xeneral [[Belisario]] baixo o reinado de [[Xustiniano]], e o poder desdos reis longobardos. Tamén, a situación política da península nunca foi realmente estábel baixo este últimos.
 
Contra Bizancio, os longobardos conquistan de primeiras as posesións meridionais que se converten nos ducados de [[Ducado de Spoleto|Spoleto]] e de [[Ducado de Benevento|Benevento]] en [[570]] e [[571]]. Despois dunha tímida tentativa de reconquista imperial levada a cabo en [[590]], os longobardos toman logo [[Xénova]] (baixo Rotario, en [[650]]). O [[exarcado de Rávena]] (enclave bizantino constituído arredor da última capital do [[Imperio de Occidente]]), comunmente chamado ''Romania'', segue a escapar ao seu control ata [[751]] e este, malia varias tentativas de parte destes últimos. Canto Venecia e a Nápoles, escapan ao xugo longobardo.
Liña 38:
Roma, en principio oficialmente vinculada ao exarcado de Rávena e Bizancio, ve como o poder do papa é substituído polo dun emperador afastado e incapaz de intervir sobre a sorte dos seus súbditos peninsulares, mentres que a primacía da sé apostólica romana se afirma cada vez máis sobre os outros bispos da península.
 
Axilulfo foi o primeiro soberano longobardo a se converter á [[ortodoxia]] non sen comportar vivas resistencias ao seo do seu pobo. Os seus sucesores, en efecto, volven logo á herexía ariana e o rei ariano Rotario confisca os bens romanos do seu reino. O rei Ariperto ([[653]]–[[661]]) converteuse ao catolicismo pero decide ligarse á Igrexa de [[Aquilea]] que rexeita a autoridade papal sobre o Friúl. O rei [[Perctarito]] é o que ao final instala a ortodoxia romana no reino, sen que por iso mellorasen notoriamente as relacións políticas longobardas con Roma. En [[698]] ten lugar un acercamento baixo o reinado do rei [[Cuniperto]]: un concilio pon fin ao cisma de Aquilea e os bens de Roma son restituídos. [[Liutprando]], no seu soño de gobernar toda a península italiana, aproveitouse dosdas diverxencias entre Roma e Bizancio, daquela iconoclasta, para intentar facerse con Rávena.
 
Finalmente, Roma vólvese cada vez máis cara os francos contra os longobardos que eran cada vez máis ameazadores, en principio sen éxito co Papa [[Gregorio III, Papa|Gregorio III]], en [[739]] – [[740]]. Con todo, o sucesor deste último, [[Zacarías, Papa|Zacarías]], decide apoiar aá familia [[Carolinxios|carolinxia]] cando esta última usurpa a realeza ao último rei franco [[merovinxio]], [[Khilderico III]]: este acontecemento maior fai envorcar as relacións entre longobardos e francos. Despois da toma de Rávena polos longobardos (751), en efecto, Aistolfo tenta tomar Roma. O papa [[Estevo III, Papa|Estevo III]] efectúa daquela unha viaxe á [[Galia]] en [[754]] para demandar a axuda de [[Pipino o Breve]], novo rei desdos francos. O rei efectúa entón dúas breves expedicións contra Aistolfo, en [[754]] e en [[756]], poñendo así a Roma e ao Papado baixo a súa protección. É probábel que o rei franco evitase debilitar demasiado aos longobardos a fin de os conservar como eventuais aliados.
 
O último rei dos longobardos foi ''Desiderius'', ou [[Desiderio|«Desiderio»]], que reina ata marzo de [[774]]. Este soberano de temperamento indeciso tenta contrerestar a influencia franca acercándose ao [[ducado de Baviera]]. En [[772]], [[Carlomagno]] responde á chamada de axuda do papa Estevo II, ameazado por Desiderio, e intervén en Italia na primavera de [[773]]. Toma Pavía en marzo de 774 tras un cerco difícil pero nunha conquista rápida e sen resistencia notábel, poñendo así fin ao reinado de Desiderio e ao dominio longobardo sobre Italia. A falta de cohesión entre os diferentes duques longobardos é unha das principais causas das súas tres derrotas contacontra os francos.
 
O xove soberano carolinxio, dada a importancia estratéxica de Italia para Igrexa, toma nesta ocasión o título de «rei dos longobardos», poñendo así a península baixo o seu control directo. Deduce igualmente unha parte do reino dos longobardos para a sé apostólica, acto que está na orixe da creación dos [[Estados Pontificios]], que existiron ata mediados do [[século XIX]]. Así, o franco honra a promesa de protexer Roma como fixera seu pai ao Bispo de Roma.
Liña 48:
É neste contexto cando o longobardo [[Paulo Diácono]] (nome verdadeiro ''Warnefried'') puido participar no [[Renacemento carolinxio]] e cando a influencia do mosteiro de [[Bobbio]] acadou o reino dos francos.
 
En canto aos longobardos, conservaron as súas leis nacionais e acomodáronse mal que ben ao poder carolinxio. O nome de «Langobardorum» para designar o vello reino longobardo ficou en vigor ata o ano [[817]], data na que houbo un movemento para que a península retomeretomase o seu nome de «Italia» para se converter no reino de «Italia» (do Norte).
 
== Lista dos reis longobardos ==