Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 65:
 
Na tempada 1988-89, logo de varios anos de adaptación á Segunda Nacional, o daquela CB Cangas Aralva proclamouse campión do grupo galego da categoría colleitando unha soa derrota ao longo de toda a tempada. O campionato outorgoulle o dereito a disputar a fase de sector que posibilitaba o ascenso á División Nacional B que se disputou en Cangas do 1 ao 4 de xuño de [[1989]]. Esta fase de ascenso converteuse en histórica para o club, xa que conseguiu o ascenso tras vencer a Avilesina e Cultural Frea de [[Valladolid]] e malia caer no último partido fronte o Cuatro Caños de [[Torrelavega]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=62}}
A devandita fase celebrouse en Cangas entre os días 1 e 4 de xuño de 1989 e constitúe unha das datas históricas deste club, pois logo de vencer á AVILESINA E CULTURAL FREA DE VALLADOLID, consegue o anceiado ascenso a pesar de perder na final contra o CUATRO CAÑOS DE TORRELAVEGA.
Na temporada 1989/90 consegue manter a categoría en 1a DIVISIÓN NACIONAL, despois de ser campión de grupo na primeira fase e de clasificarse 4o na segunda fase da competición.
 
En [[1993]] inaugurouse o pavillón Municipal do Gatañal, onde xogan dende ese ano os seus partidos como local.<ref name=historia/>
 
[[Ficheiro:Suso Soliño.JPG|miniatura|250px|[[Suso Soliño]] en [[2013]]. O xogador cangués debutou co equipo en [[1994]] e mantíñase en activo no mesmo durante a tempada 2019-20.]]
Na tempada [[1994]]-[[1995|95]] acada por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]], na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada [[2005]]-[[2006|06]] no ano que se estreaba na liga europea [[EHF]]. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]]. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.