Emir Kusturica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Logo de finalizar en 1978 os seus estudos na distinguida Academia de Artes Interpretativas (FAMU) de [[Praga]] (onde rodou a película ''[[Guernica (película 1978)|Guernica]]'', pola que en 1978 recibiu o seu primeiro premio no [[Festival de Cine de Karlovy Vary]], Kusturica comezou a dirixir para a Televisión Iugoslava. Tivo un auspicioso debut no cine con ''Sjecas li se, Dolly Bell'', en 1981, película coa que gañou o [[León de Ouro]] no [[Festival Internacional de Cine de Venecia|Festival de cine de Venecia]].
 
Con ''Otac na sluzbenom putu'', de 1985, gañou a [[Palma de Ouro]] no [[Festival Internacional de Cine de Cannes|Festival de cine de Cannes]], cinco premios iugoslavos, e foi nomeada ó premio [[OscarPremio Óscar|Óscar]] á mellor película en lingua estranxeira. Ambas películas foron realizadas coa colaboración de [[Abdulah Sidran]], un importante escritor e poeta bosnio contemporáneo, que escribiu os dous guións con moitos elementos autobiográficos. En 1989 Kusturica foi aínda máis aclamado pola película ''[[O tempo dos xitanos]]'', unha profunda pero máxica mirada dentro da cultura xitana e a explotación dos seus mozos.
 
Kusturica prosegiu realizando grandes películas de renome nos anos 90, incluíndo o seu debut nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], coa comedia de humor absurdo, ''Arizona dream'' (1993), e volveu gañar a Palma de Ouro en 1995 coa épica [[comedia negra]] ''Underground''.