Xerardo Álvarez Limeses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Martín Sarmiento
Liña 14:
Fillo de [[Emilio Álvarez Giménez]] e irmán de [[Darío Álvarez Limeses]], cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a [[Víctor Said Armesto]] na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e a de Maxisterio en [[Madrid]], dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.
 
Foi académico correspondente da [[Real Academia Galega]], pertenceu á Sección de Historia do [[Seminario de Estudos Galegos]] (onde presentou un estudo sobre o [[Martín Sarmiento|padre Sarmiento]]) e cofundador e Vicedirector do [[Museo Provincial de Pontevedra]]. Foi redactor das revistas ''[[El Iris Literario]]'' e ''[[Extracto de Literatura]]'' e despois fundou ''[[Galicia Moderna (Pontevedra)|Galicia Moderna]]''. Dirixiu ''El Perdigón'' en [[Palencia]] e ''[[El Maestro Gallego]]'', ''[[Galicia Ilustrada (Ourense)|Galicia Ilustrada]]'' (da que só apareceu o número 0) e ''[[Mi Tierra (Ourense)|Mi Tierra]]'' en [[Ourense]]. Colaborou con ''[[El Diario de Pontevedra]]'', ''[[Faro de Vigo]]'' e ''[[La Correspondencia Gallega]]''.
 
Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de [[Gerardo Álvarez Gallego|Gerardo]] e [[Amalia Álvarez Gallego]], que casou con [[Alexandre Bóveda]].