Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Baterías: texto traducido desde a wiki .es:Ringo_Starr#Baterías
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
A contribución creativa de Starr á música de The Beatles foi suxeito de eloxios por músicos e críticos. O batería [[Steve Smith]] comentou que a popularidade de Starr "deu luz a un novo paradigma onde se comezou a ver ao batería como un participante máis no aspecto compositivo". En 2011, os lectores da revista musical ''[[Rolling Stone]]'' elixiron a Starr o quinto mellor batería de todos os tempos.<ref>{{cita web |url=http://www.rollingstone.com/music/pictures/rolling-stone-readers-pick-best-drummers-of-all-time-20110208/5-ringo-starr-0875383 |autor=''[[Rolling Stone]]'' |título=Rolling Stone Readers Pick Best Drummers of All Time |lingua=inglés |dataacceso=13/04/2013}}</ref>
 
Trala separación de The Beatles en 1970, Starr desenvolveu unha carreira musical en solitario con éxitos comerciais na década de 1970 como ''[[Ringo (álbum)|Ringo]]'' (1973) e ''[[Goodnight Vienna]]'' (1974) e varios fracasos na década de 1980, durante a cal desenvolveu unha actividade cinematográfica paralela, participando en películas como ''[[Caveman|OCavernícola cavernícola(filme)|Cavernícola]]'' (''Caveman'') (1981). Ademais, participou como [[músico de sesión]] en traballos doutros artistas, incluíndo os seus tres antigos compañeiros de The Beatles, e narrou as dúas primeiras tempadas da [[serie animada|serie infantil animada]] ''[[Thomas the Tank Engine and Friends|Thomas e os seus amigos]]'' (''Thomas the Tank Engine and Friends'').<ref>{{cita web |url=http://www.sodor-island.net/storytellers.html |autor=Sodor Island - A Thomas Fan Site |título=The Storytellers |lingua=inglés |dataacceso=13/04/2013}}</ref> En 1989, creou Ringo Starr & His All-Starr Band, unha banda cunha formación rotatoria ao estilo de [[Bill Wyman's Rhythm Kings]] e coa que sae anualmente de xira, e publicou o álbum ''[[Time Takes Time]]'', o primeiro dunha serie de colaboracións co músico [[Mark Hudson]], quen produciu posteriores traballos como ''[[Vertical Man]]'' (1997), ''[[Ringo Rama]]'' (2003) e ''[[Choose Love]]'' (2005).<ref>{{cita web |url=http://archer2000.tripod.com/apple/pumkinhead.html |autor=Apple Radio Promotion |título=Pumpkinhead Records Formed |lingua=inglés |dataacceso=13/04/2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140830200916/http://archer2000.tripod.com/apple/pumkinhead.html |dataarquivo=30/08/2014 |urlmorta=si }}</ref> O seu disco máis recente, ''[[Ringo 2012]]'', foi publicado en 2012.<ref>{{cita web|url=http://daytrippin.com/2011/12/06/ringo-starrs-new-album-ringo-2012-coming-out-in-january/|título=Ringo Starr's new album, Ringo 2012, coming out in January|autor=Daytrippin|data=10 de decembro de 2011|dataacceso=13/04/2013}}</ref>
 
Nunha entrevista, [[Phil Collins]] declarou: "Eu creo que Ringo Starr non foi ben valorado no seu papel de batería. Desafío a calquera de vostedes a tocar a batería como fai Ringo en "[[A Day in the Life]]"".
Liña 101:
=== ''Stop and Smell the Roses'' e ''Old Wave'' (1980-1987) ===
[[Ficheiro:Ringo Princes Trust.jpg|miniatura|220px|right|alt=Starr in his forties, wearing a grey jacket and a black shirt, standing behind a microphone and singing.|Starr en [[Prince's Trust]], [[Estadio de Wembley (1923)|Wembley Stadium]], Inglaterra, [[6 de xuño]] de [[1987]].]]
Tralo fracaso comercial de ''[[Bad Boy (álbum de Ringo Starr)|Bad Boy]]'', Ringo aparcou momentaneamente a súa carreira musical para centrarse na súa faceta cinematográfica. En 1981 estreouse ''[[CavemanCavernícola (filme)|Cavernícola]]'', unha longametraxe en cuxo rodaxe coñeceu á actriz [[Barbara Bach]], con quen contraeu matrimonio o 27 de abril de 1981.
 
En 1980, comezou a gravar ''[[Stop and Smell the Roses]]'', un disco que contou coa colaboración de músicos como [[George Harrison]], [[Paul McCartney]], [[Ron Wood]] e [[Stephen Stills]], entre outros. Nun principio, [[John Lennon]], que publicou ''[[Double Fantasy]]'' (1980) tras cinco anos de silencio musical, ofreceu a Ringo dous [[Demo (música)|demos]], «[[Nobody Told Me]]» e «[[Life Begins at 40]]», para que os gravase en ''Stop and Smell the Roses''. Con todo, o seu [[asasinato de John Lennon|asasinato]] en decembro de 1980 trastornou os plans e obrigou a Ringo a suspender a gravación para voar a [[Nova York]]. De forma paralela, Harrison, que ofrecera a canción «[[All Those Years Ago]]» a Starr, modificou a letra para homenaxear ao seu antigo compañeiro de grupo e incluilo no seu propio álbum, ''[[Somewhere in England]]'' (1980). A canción, publicada como sinxelo, contou coa colaboración de [[Paul McCartney|Paul]], [[Linda McCartney]] e Starr, e alcanzou o posto dous na lista estadounidense ''[[Billboard Hot 100]]''.