Bertrand du Guesclin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
m →‎Traxectoria: Eduardo de Woodstock
Liña 6:
Viña da baixa nobreza da [[Bretaña]] onde tomou parte nas guerras de sucesión dese [[Ducado da Bretaña|ducado independente]]. Loitou contra os ingleses en defensa desta. Resistiu en [[Rennes]] os ataques do Duque de Lancaster.
 
Pasou ao servizo de [[Carlos IV de Francia]] e dirixiu aos franceses contra os ingleses caendo varias veces prisioneiro. Nunha ocasión declarou ao xefe das tropas rivais, o [[Eduardo de Woodstock|Príncipe Negro]], que todas as mulleres de Francia estarían dispostas a pagaren o seu rescate aínda que tiveran que fiar as fiandeiras de toda Francia. Experto nunha guerra de desgaste acabou minando as posicións inimigas. En [[1364]] venceu sobre os anglo-navarros en Cocherel, [[Normandía]]. Os seus exércitos eran as temidas e eficaces [[Compañas Brancas]].
 
Tras a [[paz de Calais]], pasou a [[reino de Castela|Castela]] para axudar a [[Henrique de Trastámara]] contra o lexítimo rei [[Pedro I o Cruel]]. A súa intervención foi determinante na decisiva [[batalla de Montiel]] onde encontrou a morte este último. A el tamén se lle atribúe a frase: ''non quito nin poño rei pero axudo ao meu señor'', que outros poñen nos beizos do galego conde de Andrade.