A semana na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de unha > dunha
m →‎O xoves: Candea
Liña 97:
 
== O xoves ==
Algúns conservan o resto do [[Candea|cirio]] que iluminou o sagrario durante os oficios do [[Xoves Santo]] pois cren que se se acende ten a virtude de disipar as treboadas.
 
Para diagnosticar o ''enganido'' (nome popular do [[raquitismo]]) dun meniño, ponse un vaso de auga na súa cabeza e bótanse [[O número 9 na cultura popular galega|nove]] pingas de cera do cirio do Xoves Santo. Se as nove pingas se xuntan significa que o meniño ten o mal e, para curalo, xuntan a auga de nove fontes e botan nela follas de [[aro (planta)|xaro]], bañando despois ó meniño nela.