Manuel Ruiz Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 10:
Encargouse da [[Ministerio de Fomento de España|carteira de Fomento]] no goberno provisional de [[Francisco Serrano Domínguez|Francisco Serrano]], estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao [[Estado]] e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de [[Joan Prim i Prats|Prim]] como [[Ministerio de Xustiza de España|Ministro de Xustiza]] ([[1869]]), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova [[Constitución española de 1869|Constitución]], á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a [[Amadeo I de España|Amadeo de Savoia]] como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o [[24 de xullo]] e o [[4 de outubro]] de [[1871]] e do [[13 de xuño]] de [[1872]] e o [[10 de febreiro]] de [[1873]], entre outras medidas aboliu a escravitude en [[Porto Rico]] e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 Amadeo renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en [[Baiona, Francia|Baiona]] (Francia) e logo en [[París]].
 
O [[25 de agosto]] de [[1876]] publicou un manifesto pedindo a restauración da República baixo a [[Constitución española de 1869|Constitución de 1869]] reformada en sentido republicano, e desde a capital francesa dedicouse a conspirar contra o goberno español, en maio de [[1877]] produciuse a primeira tentativa armada de derrocar a monarquía española que fracasou, Zorrilla pasou unha temporada en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e en [[1878]] volve de novo a París ata que é expulsado polas autoridades francesas, estableceuse en [[Londres]] tras outro intento frustrado xunto a Serrado para restaurar a república. En [[1880]] tras un intento frustrado por unir ás correntes republicanas e xa de novo en París organiza a [[Asociación Republicana Militar]], organización secreta formada por militares españois co fin de organizar un pronunciamento militar, o último o de [[1886]] encabezado en España por [[Manuel Villacampa del Castillo|Villacampa]] foi de novo un fracaso, e Zorrilla que se dirixira os [[Pireneos]] tivo que volver a París, despois instalouse en [[Bruxelas]] e [[Londres]] e despois de novo en París.
 
En [[1893]], únese ao resto dos republicanos nunha [[Unión Republicana (España 1893)|coalición]] para concorrer ás eleccións en España, os republicanos conseguen 32 deputados, Ruiz Zorrilla elixido negouse a ocupar o seu escano. Enfermo retirouse da política o [[16 de febreiro]] de [[1895]], o seu partido reunido para elixir sucesor, dividiuse entre o [[Partido Liberal Demócrata|Partido Republicano Liberal]] e o Progresista e el despois de trámites co goberno español retirouse a España, morrendo antes de chegar á súa casa de Tablada ([[Burgos]]).
 
<br />
Liña 37:
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Partido Progresista]]
 
* [[Lista de presidentes de España]]
{{Control de autoridades}}
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Ruiz Zorrilla, Manuel}}
[[Categoría:Presidentes de España]]