Peto verde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Carl von Linné
m →‎Alimentación: arranxiño
Liña 59:
Buscan a súa comida case exclusivamente no chan. Sobre todo en Centroeuropa, dependen moito das formigas terrestres para alimentarse. Para captura-las súas presas dispón dunha lingua duns 10 cm de lonxitude, coa punta endurecida e provista dunhas sedas duras.
 
Pouco despois de saír o sol comezan a buscar insectos en prados e outras superficies planas con vexetación, facendo co peteiro furados de varios centímetros e capturando os insectos coa lingua pegañenta. Ademais de formigas poden capturar outros insectos e mesmo en ocasións [[miñoca]]s. No inverno fan túneles na neve para poder chegar ós formigueiros. Durante esta época buscan tamén alimento nas fendas de penas, tellados, paredes e postes da luz ou o teléfono, atrapando sobre todo [[arañaarañas]]s, [[mosca]]s e [[mosquito]]s, máis raramente vermes e outros invertebrados. Ocasionalmente consomen bagas e froitos, coma por exemplo cereixas.
 
== Reprodución e desenvolvemento ==