Con pólvora e magnolias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 212:
* '''''MOMENTO ÚLTIMO'''''
 
Comeza coa cita dun verso de ''[[Dona do corpo delgado]]'' de Álvaro Cunqueiro: ''miña Señor amada''. Poema con imaxes vangardistas e cita da ''magnolia'' que está no título do libro.
 
É a despedida amorosa no outono da vida, amor e morte. Pode verse como o final do amor como causante da morte do amante ou a morte como causa do final do amor. ''Miña Señor amada'' fronte a ''Miña Señor odiada'', o ''odi et amo'' de Catulo: ''miña señor amada, desexada / miña señor odiada / miña señor perdida /querida / ... de fume, de cinza, de vento... ''
Liña 306:
 
Canto á forma, mestura versos de arte menor e de arte maior, simples e compostos. Os encabalgamentos suaves abruptos danlle dinamismo ao poema. Bota man da cantiga de refrán e dos paralelismos anafóricos. Toda as estrofas parecen telo mesmo nivel xerárquico, que só se declaran sintéticos no último momento, cunha serie paralelística baseada na repetición, con mínimas variantes, dun mesmo sintagma: (En+sintagma nominal+refrán)<ref>{{Cita libro|título=Unha lectura de Con pólvora e magnolias|apelidos=Cochón|nome=Iris|editorial=Edicións Xerais|ano=1997|ISBN=84-8302-127-7|páxina=48|ref=}}</ref>.
 
== Edicións ==
A edición de Rompente destaca polo tipo de papel utilizado, definido polo autor como papel de envolver dunha tenda de ultramarinos. O formato é case cadrado (18x20,5), cunha capa en amarelo acartonada e follas en papel de estraza<ref>{{Cita libro|título=Guías de lectura. Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín|apelidos=Angueira|nome=Anxo|editorial=Edicións do Cumio|ano=1992|ISBN=84-87126-60-X|páxina=43|ref=}}</ref>.