Invasión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
arranxo ligazón morta
 
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
Unha '''invasión'''<ref>{{DRAG|invasión}}</ref><ref>[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op{{DiGalego|37579|noa=ver&ids|invasión|data_consulta=37589&opcion=entrada&entrada=invasi&oacute;n Entrada12 de "invasión" no Digalego.gal]{{Ligazón morta|data=agosto de 2019 }}</ref> é unha [[acción militar]] que consiste na entrada das [[forzas armadas]] dunha entidade [[xeopolítica]] no [[territorio]] controlado por outra entidade semellante, normalmente co obxectivo de conquistar o territorio ou cambiar o [[goberno]] estabelecido. Unha invasión pode ser a causa dunha [[guerra]], pode usarse como parte dunha estratexia maior para terminar unha guerra ou pode constituír unha guerra completa en si mesma.
 
O termo adoita connotar un esforzo [[estratexia militar|estratéxico]] de considerable magnitude. Xa que os obxectivos dunha invasión adoitan ser a grande escala e a longo prazo, necesítanse moitas forzas para manter un territorio e protexer os intereses da entidade invasora. En xeral, as infiltracións tácticas máis pequenas non se consideran invasións e normalmente clasifícanse como [[escaramuza]]s, saídas, [[asasinato selectivo|asasinatos selectivos]] ou recoñecementos ofensivos. Por definición, unha invasión é un ataque levado a cabo por forzas externas. Por tanto, as [[rebelión]]s, [[guerra civil|guerras civís]], [[golpe de estado|golpes de estado]], [[democidios]] ou outros actos de [[opresión]] non se consideran invasións.