Aves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Anatomía e fisioloxía: movo imaxe para abaixo
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Aparello dixestivo: imaxe traducida ao galego (aínda que só modifiquei dous acentos e engad-ina dúas palabras)
Liña 431:
As aves son animais [[homeotérmico]]s, é dicir, que a temperatura interna mantense regulada, por encima da temperatura exterior, o que lles permite ter un elevado [[metabolismo]]; a plumaxe participa na súa regulación. A temperatura media interna das aves adultas é bastante alta, en xeral entre 40 e 43&nbsp;°C, con variacións entre especies. Algunhas [[Apodiformes]] teñen temperaturas nocturnas notablemente menores. Certas aves, como os [[Regulidae]], cando acaban de nacer manteñen a temperatura ambiental ([[poiquilotermia]]), e adquiren a capacidade de regulala poucos días despois.<ref name=Storer />
 
[[Ficheiro:RespiraciónAves-gl.svg|miniatura|300px|Esquema da respiración das aves.]]
 
===Sistema respiratorio e circulatorio===
As aves teñen un dos [[sistema respiratorio|sistemas respiratorios]] máis complexos do reino animal.<ref name = "Gill" /> Trala inhalación, o 75&nbsp;% do aire fresco pasa de longo dos pulmóns e flúe directo aos [[saco aéreo|sacos aéreos]] posteriores, que se estenden desde os pulmóns e conectan cos espazos internos dos ósos, e énchenos con aire. O outro 25&nbsp;% do aire vai directamente aos pulmóns. Cando a ave exhala, o aire usado flúe fóra dos pulmóns e o aire almacenado nos sacos aéreos posteriores é simultaneamente forzado a entrar nos pulmóns. Deste xeito, os pulmóns dunha ave reciben unha subministración constante de aire fresco (moi osixenado) tanto na inhalación coma na exhalación.<ref>{{Cita publicación |apelido=Maina |nome=John N. |ano=novembro 2006 |título=Development, structure, and function of a novel respiratory organ, the lung-air sac system of birds: to go where no other vertebrate has gone |publicación=Biological Reviews |volume=81 |número=4 |páxinas=545-79 |pmid=17038201}}</ref> A produción de sons lógrase usando a [[sirinxe]], unha cámara muscular con varias membranas timpánicas que está situada no extremo inferior da [[traquea (vertebrados)|traquea]], desde a cal se separa.<ref name = "Suthers">{{Cita libro |autores=Roderick A. Suthers e Sue Anne Zollinger |capítulo=Producing song: the vocal apparatus |editor=H. Philip Zeigler & Peter Marler (eds.) |ano=2004 |título=Behavioral Neurobiology of Birdsong |outros=Annals of the New York Academy of Sciences '''1016''' |localización=Nova York |editorial=New York Academy of Sciences |isbn=1-57331-473-0 |páxinas=109-129 |doi=10.1196/annals.1298.041 |pmid=15313772}}</ref>