Aves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 312:
 
===Clasificación das aves modernas===
A clasificación das aves é un asunto cuestionado. Como resumo [[Bradley Livezey|Livezey]] e [[Richard Zusi|Zusi]],<ref name="Theropoda" /> nos 20 anos posteriores a 1988, as [[filoxenia]]s propostas para Aves foron numerosas e diverxentes. Estiveron baseadas en metodoloxías diversas e aplicadas en diferente grao, que xeralmente usaron alternativamente a [[Morfoloxía (bioloxía)|morfoloxía]], [[secuenciación de ADN|secuencias]] de [[ADN mitocondrial]] ou de [[ADN nuclear]]; con ou sen [[análise cladística|análises cladísticas]]. Con todo, producíronse resultados discordantes mesmo cando os estudos se basearon en metodoloxías dun mesmo tipo.<ref name="Theropoda" /> Estes estudos deixan un panorama contraditorio onde os resultados están en constante fluidez e ningunha das versiónversións da filoxenia é amplamente aceptada, polo que non é posible dar aquí unha filoxenia máis ou menos definitiva. A situación parece en vías de solución e os novos descubrimentos de fósiles están a permitir estudos máis refinados baseados na morfoloxía,<ref name="Theropoda" /> grazas ao perfeccionamento dos métodos estatísticos, á expansión das evidencias moleculares polo aumento dos [[locus|loci]] analizados e á aplicación destes métodos a representacións máis amplas de grupos taxonómicos.<ref name="Theropoda" /><ref name= Hackett/> Con estas progresivas melloras considérase cuestión de pouco tempo que se alcancen resultados que logren un consenso da comunidade científica sobre a evolución das ordes e familias de aves modernas. Estes resultados quizais se poidan acelerar con estudos baseados en «evidencias totais», coa análise combinada de todas as fontes de evidencias.<ref name="Theropoda" />
 
A clasificación filoxenética dos grupos de [[Neornithes|aves modernas]] que a continuación se presenta, baséase nun [[Análises moleculares de ADN|estudo das secuencias de ADN]] de Hackett e colaboradores (2008),<ref name= Hackett>{{Cita publicación |autor= Hackett Shannon J. ''et al.'' |url= http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/320/5884/1763 |título=A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History |data=27 de xuño de 2008 |publicación= [[Science]] |volume= 320 |dataacceso=31 de marzo de 2009}}</ref> realizado mediante o exame de preto de 32 [[quilobase]]s de secuencias aliñadas provenientes de 19 ''[[locus|loci]]'' independentes de ADN nuclear en 169 especies de aves, que representan a todos os grupos maiores existentes. Nela confírmase a [[monofilético|monofilia]] de [[Galloanserae]] e [[Neoaves]]. Refórzase, á súa vez, a existencia de diversos clados propostos ao longo dos últimos anos dentro de Neoaves, aínda que as relacións entre a gran maioría aínda están indeterminadas, o cal xera unha serie de politomías. Hackett e colaboradores consolidan en gran medida os estudos de Fain & Houde (2004) e Ericson ''et al''. (2006), e destácase en todos eles a división de Neoaves en dúas ramas: [[Metaves]] e [[Coronave]]s.<ref name=autogenerated1>{{Cita publicación |apelido=Ericson |nome=Per G.P. |nome2=Cajsa L. |apelidos2=Anderson |nome3=Tom |apelidos3=Britton ''et ál.'' |data=decembro 2006 |título=Diversification of Neoaves: Integration of molecular sequence data and fossils |publicación=Biology Letters |volume=2 |número=4 |páxinas=543-547 |doi=10.1098/rsbl.2006.0523 |pmid=17148284 |url=http://www.senckenberg.de/files/content/forschung/abteilung/terrzool/ornithologie/neoaves.pdf |formato=PDF |dataacceso=31 de marzo de 2009}}</ref><ref>{{Cita publicación |autor= Fain, M. G., & P. Houde. |título= Parallel radiations in the primary clades of birds |ano= 2004 |publicación= Evolution |volume= 58 (11)}}</ref> Aínda que esta división baséase nun único xene ([[beta-fibrinóxeno]]) e, ademais, contraponse cos resultados obtidos a partir de estudos do [[ADN mitocondrial]].<ref>{{Cita publicación |autor=Morgan-Richards M., Trewick S.A., Bartosch-*Härlid A., Kardailsky O., Phillips M.J., McLenachan P.A., Penny D. |ano=2008 |título=Bird evolution: testing the Metaves clade with six new mitochondrial genomes |publicación=BMC Evolutionary Biology |volume=8 |número=20 |doi=10.1186/1471-2148-8-20 |url=http://www.biomedcentral.com/1471-2148/8/20 |dataacceso=19 de abril de 2009}}</ref> A validez de Metaves e Coronaves dependerá de futuros estudos. A continuación defínense novos clados (identificados só con letras) e sinálase o carácter [[parafilético]] dalgúns grupos (que deben ser redefinidos).
Liña 448:
As aves teñen un sistema moi eficiente para difundir o osíxeno no sangue; as aves teñen unha área superficial dez veces maior para o intercambio de gases que os mamíferos. Como resultado, as aves teñen máis sangue nos seus capilares por unidade de volume de pulmón que un mamífero. As arterias están compostas de músculos elásticos grosos para soportar a presión da constrición ventricular e vólvense máis ríxidas a medida que se afastan do corazón. O sangue móvese polas arterias que están sometidas a vasoconstrición e ás arteríolas que actúan como un sistema de transporte para distribuír principalmente osíxeno e nutrientes a todos os tecidos do corpo. A medida que as arteríolas se afastan do corazón e chegan os distintos órganos e tecidos, divídense aínda máis para aumentar a superficie e diminuír o fluxo sanguíneo. O sangue viaxa polas arteríolas e desprázase nos capilares onde pode producirse o intercambio de gases.
 
Os capilares organízanse en leitos capilares nos tecidos; é aquí onde o sangue intercambia osíxeno por residuos de dióxido de carbono. NasNos leitos capilares ralentízase o fluxo sanguíneo para permitir a máxima difusión do osíxeno nos tecidos. Unha vez que o sangue se desosixenou, viaxa a través das vénulas, despois das veas e de volta ao corazón. As venas, a diferenza das arterias, son delgadas e ríxidas xa que non necesitan soportar unha presión extrema. Cando o sangue viaxa polas vénulas ás venas, prodúcese unha vasodilatación traendo o sangue de volta ao corazón. Unha vez que o sangue chega ao corazón, móvese primeiro cara á aurícula dereita e logo ao ventrículo dereito para ser bombeado a través dos pulmóns para un intercambio adicional de gases de residuos de dióxido de carbono por osíxeno. O sangue osixenado flúe logo polos pulmóns a través da aurícula esquerda ata o ventrículo esquerdo onde é bombeado cara ao corpo.
 
===Defensa e combate intraespecífico===