Empanada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
[[Ficheiro:Empanada de millo, Galiza.jpg|300px|Empanada de millo|miniatura|dereita]]
{{cita|"''Hai quen dixo que a empanada é invención do pobo pobre. Que o siga decindo. Galicia é país de empanadas, e convén dicir que entre nós téñense ensaiado empanadas de cáseque todo. Algunhas gozan de máis prestixio que outras. Outras soamente se fan nalgún sitio: a de "papuxas" en Monforte de Lemos, que é cousa boa. De Lugo e da Galicia fluvial son as empanadas de anguía. Nas Rías Baixas fanse, con pan de millo, escelentísimas empanadas de croques e de vieiras''"|Cunqueiro}}
As empanadas galegas consisten basicamente nun prato feito no forno nun recipiente especial chamado empanadeira, feito de metal e normalmente redondo cun diámetro duns 60 cm e 5 cm de fundo. NaEn Galiza hai dous tipos principais de empanadas:
 
Tamén se fan empanadas doces, principalmente a [[empanada de mazá]], moi semellante ao ''apple pie'' inglés.
Liña 29:
 
=== Empanada de trigo ===
É a mais común e está estendida por todo o territorio, no interior é mais habitual o recheo de carne e no litoral de peixe ou marisco. O procedemento consiste en estender arredor dun quilo de masa de pan en dous círculos e situar entre ambos o recheo, xeralmente cru e cun sofrito de cebola (que pode levar pemento ou pementón), aínda que algúns tipos de empanada, xeralmente de carnes como a empanada de raxo, por exemplo, están cociñados previamente nun sofrito. Os dous círculos únense de diversas formas e o conxunto cócese arredor de 45 minutos. Tradicionalmente as empanadas levabanselevábanse a un forno de pan onde se cociancocían, porén este costume está a desaparecer. Aínda que as empanadas caseiras están máis comunmente feitas de masa de pan, teñen o problema de que axiña se poñen resesas, polo que son difíciles de encontrar en estabelecementos comerciais, que prefiren masas feitas con graxa ou aceite, de menores cualidades culinarias e máis indixestas, pero que se conservan moito máis tempo.
 
Algúns tipos :