Oshakati: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 22:
'''Oshakati''' é unha [[cidade]] de [[Namibia]], unha das máis desenvolvidas da zona coñecida como [[Ovambolandia]], no norte do país.
 
ÉDesde xullo de [[1966]] é a capital da Rexión de [[Oshana]], a segunda máis densamente poboada das catorce rexións namibianas.
 
== Xeografía ==
Liña 32:
 
== Historia ==
A cidade foi utilizada como base de operacións pola Forza de Defensa de Sudáfrica (SADF) durante a [[Guerra da fronteira de Suráfrica]]. Este foi un conflito que se produciu en [[Namibia]], daquela África do Suroeste, administrada por [[Suráfrica]], que implicou a este país, [[Zambia]] e [[Angola]] desde o [[26 de agosto]] de [[1966]] ao [[21 de marzo]] de [[1990]]. A SADF enfrontouse ao o [[Exército de Liberación Popular de Namibia]] (PLAN), e ao da [[Organización do Pobo de África do Suroeste]] (SWAPO) e os seus aliados (principalmente Angola, e os ''asesores'' de [[Cuba]] e a [[URSS]]). Esta guerra deu lugar a algunhas das maiores batallas no continente africano desde a [[Segunda Guerra Mundial]],<ref name="balakrishnan">{{cita libro|título=International Law from Below: Development, Social Movements and Third World Resistance|apelido=Rajagopal|nome=Balakrishnan|editorial=[[Cambridge]], [[Reino Unido|RU]]: [[Cambridge University Press]]|ano=2003|páxinas=50-68|isbn=978-0-5210-1671-1|dataacceso=}}</ref> e estivo intimamente relacionada coa [[Guerra civil angolana]].<ref>Fernando Andresen Guimaraes (2001): ''The Origins of the Angolan Civil War''. [[Londres]], RU: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-2305-9826-3.</ref>
 
Poucos anos antes da independencia de Nambia, en febreiro de [[1988]], explotou unha bomba en Oshakati, na sede do ''First National Bank'', ocasionando a morte de 27 persoas e ferindo a outras 30, a maioría enfermeiras e profesores. Ninguén foi condenado oficialmente por esta causa, que decaeu coa independencia de país en 1990, en favor da reconciliación nacional.{{cómpre referencia}}