Vitamina D: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Ergocalciferol.svg|miniatura|[[Ergocalciferol]] (D<sub>2</sub>). Ten un dobre enlace e un grupo metilo extras.]]
 
A '''vitamina D''' é un grupo de substancias [[esteroide]]s cun anel da molécula roto (secoesteroides[[secosteroide]]s) liposolubles. Nos humanos a vitamina D é única entre as vitaminas, porque funciona como unha [[prohormona]] e porque o corpo pode sintetizala en forma de vitamina D<sub>3</sub> cando a nosa pel se expón ao sol.
 
As medidas dos niveis séricos de vitamina D<sub>3</sub> son un reflexo da síntese endóxena por exposición á luz solar e da inxestión da vitamina na dieta, e pénsase que a síntese pode en xeral manter niveis séricos axeitados da vitamina. As evidencias indican que a síntese de vitamina D por exposición ao sol funciona como un bucle de retroalimentación que impide a súa toxicidade por exceso, pero advírtese que a exposición ao sol tampouco debe ser excesiva debido aos riscos de cáncer de pel.