Presidente da Nación Arxentina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 271:
 
== Postpresidencia ==
[[Ficheiro:Cristina,_Kirchner_y_Alfonsín.jpg|miniatura|350x350px|Os expresidentesex-presidentes [[Raúl Alfonsín]], [[Néstor Kirchner]] e [[Cristina Fernández de Kirchner]] nunha homenaxe ao primeiro.]]
Cada presidente unha vez terminado o seu mandato pode exercer outros cargos políticos. Algúns presidentes tiveron carreiras significativas despois de deixar o cargo. Tal é o caso de [[José Figueroa Alcorta]] que foi presidente da corte suprema, sendo o único arxentino en presidir os tres poderes, ou o de [[Néstor Kirchner]] que foi secretario xeral da [[Unión de Nacións Suramericanas|UNASUR.]] Vicente López y Planes (Buenos Aires en 1852) e Justo José de Urquiza (Entre Ríos entre 1868 e 1870) exerceron a gobernación das súas provincias natais. [[Bartolomé Mitre]], [[Julio Argentino Roca]], [[Hipólito Yrigoyen]], [[Marcelo Torcuato de Alvear]], [[Arturo Frondizi]], [[Juan Domingo Perón]], [[Raúl Alfonsín]] e [[Néstor Kirchner]] exerceron o liderado dos seus respectivos partidos políticos e mesmo se presentaron a eleccións novamente, algúns reelixidos con éxito como Roca en 1898 e Perón en 1973, e outros presidentes serviron no Congreso despois de abandonar a Casa Rosada como Carlos Pellegrini, [[Carlos Menem]] e [[Cristina Fernández de Kirchner]].