Chocolate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
m →‎Orixe: arranxiños
Liña 37:
Non se coñecen con certeza as orixes da árbore do [[cacao]] (''Theobroma cacao''). Algunhas teorías propoñen que a súa diseminación empezou nas terras tropicais de América do Sur, na conca do [[río Orinoco]] ou do [[río Amazonas]], estendéndose aos poucos ata chegar ao sueste de [[México]]. Outras suscitan que ocorreu o oposto: estendeuse desde o sueste de México ata a conca do río Amazonas. O que se dá por feito é que as primeiras evidencias do seu uso humano atópanse en territorio mexicano, que hai moito tempo foi ocupado por culturas prehispánicas.
 
Nos primeiros tempos o consumo parece ser en forma dunha especie de «[[cervexa]]»; é dicir, unha bebida baseada na [[fermentación]], máis que dos grans do cacao, da polpa do mesmo. Tal «cervexa de chocolate», cuxos restos se achan nas vaixelas cerámicas de Puerto Escondido, tería unha importante función [[rito|ritual]] e moi probablemente utilizábase nas celebracións de matrimonios. Bastante posteriormente, os olmecas, maias e [[mexicaazteca|mexicas]]s (entre outras civilizacións mesoamericanas) comezaron a consumir o chocolate derivado da pasta dos grans aliñada ou aderezada con [[pemento|chile]]. En forma semilíquida e líquida, o chocolate adoitaba ser a bebida preferida das realezas, que o consumían en vasos especiais ([[xícara]]s). Igualmente era considerado (con razón) un alimento tonificante ou enerxizante, que se podía consumir mesturado nunha masa de fariña de [[millo]] mesturada con chiles e mel.
 
De acordo á [[mitoloxía maia]], [[Kukulkán]] deulle o cacao aos maias logo da creación da humanidade, feita de millo (Ixim) pola deusa Xmucané.<ref>(Bogin 1997, Coe 1996, Montejo 1999, Tedlock 1985)</ref> Os maias celebraban un festival anual en abril, para honrar ao deus do cacao, ''[[Ek Chuah]]'', un evento que incluía sacrificios de cans e outros animais con marcas pintadas de chocolate, ofrendas de cacao, plumas, [[incenso]] e intercambio de agasallos.
* Séculos logo dos [[Civilización maia|maias]], os mexicas (''[[aztecasazteca]]s'') continuaron o gusto polo ''chocolha'' maia. Sábese que o emperador [[Moctezuma I|Moctezuma]] gustaba de beber unha cunca deste diluído en auga. Unha lenda de México di que o mesmo deus [[Quetzalcóatl]] (case equivalente ao Kukulkán maia) en tempos ancestrais puxo nas mans dos homes as primeiras sementes de cacao. Era un alimento moi común entre os [[mexicas]] e [[Civilización maia|maias]]. A súa preparación efectuábase do seguinte xeito: as sementes eran primeiro torradas e logo trituradas para facer unha pasta que despois se mesturaba con auga. Esta mestura quentábase ata que a manteiga ou graxa do cacao subía á superficie. Quitábaselle a espuma e logo volvíase a mesturar -segundo certas proporcións- coa bebida; finalmente batíase enerxicamente para formar un líquido cunha espuma consistente que se bebía frío. A esta preparación de base engadíanselle -segundo o gusto- diferentes ingredientes, como [[Capsicum|chile]], [[achiote]], [[vainilla]] e [[mel]] como doce e [[fariña de millo]] como emulsionante básico para absorber a manteiga de cacao. O resultado era unha bebida sumamente enerxética pero tamén moi amarga e picante.
* Na rexión de Mesoamérica en México, as sementes de cacao eran tan apreciadas polos aztecas que se usaban como moeda corrente para o comercio da época.
[[Ficheiro:Carrer Petritxol xocolata.jpg|miniatura|250px|dereita|Escena dunha chocolatería na rúa Petritxol de Barcelona]]O cacao tamén se utilizaba como moeda nas culturas prehispánicas xa que era un dos produtos cos que se pagaba o tributo ao "tlatohani".