Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Yann (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 11:
=== Idade Media ===
[[Ficheiro:Christus saint eloi orfèvre.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Petrus Christus]]: ''San Elixio orfebre (parella burguesa cun orfebre,'' 1449).]]
A partir do ano [[1300]], comezando por [[Giotto]] e os seus seguidores, a pintura de bodegón reviviu na forma de nichos de ficción en murais de tema relixioso que representaban obxectos da vida cotiá.<ref>Ebert-Schifferer, p.25</ref> Este tipo de representación pictórica foi considerada menor ata o [[Pintura renacentista|Renacemento]], e adoitaba aparecer encuberta en cadros doutro [[Tema artístico|xénero]], como a [[Pintura de historia|pintura relixiosa]] ou os [[Retrato pictórico|retratos]], adoitando supoñen un significado relixioso ou alegórico. Isto era particularmente certo na obra dos artistas do [[Europa do norte|norte de Europa]], cuxa fascinación polo simbolismo e o realismo óptico moi detallado levoulles a prodigar grangrande atención na mensaxe xeral das súas pinturas.<ref>Ebert-Schifferer, p. 27</ref> Pintores como [[Jan van Eyck]] a miúdo empregaron elementos de bodegón como parte do seu programa [[iconografía|iconográfico]].
 
O desenvolvemento da técnica de [[pintura ao óleo]] por van Eyck e outros artistas do norte de Europa permitiu pintar obxectos cotiáns nun estilo hiperrealista, debido ao seu secado máis lento, a mestura e a calidade de traballar por capas das cores ao óleo.<ref>Ebert-Schifferer, p. 26</ref>
Liña 29:
=== Século XVII ===
[[Ficheiro:Abraham Hendriksz. van Beyeren - Banket stilleven.jpg|miniatura|esquerda|[[Abraham van Beyeren]]: ''Bodegón de banquete'' (1667).]]
Malia gañares popularidade, as naturezas mortas italianas permaneceron historicamente menos respectadas cá pintura de «grangrande estilo» de temas históricos, relixiosos e míticos. Destacados académicos de comezos dos [[1600|anos 1600]], como [[Andrea Sacchi]], sentía que a [[escena de xénero]] e o bodegón non portaban a ''gravitas'' que fai que a pintura sexa considerada grande. Doutra banda, exitosos artistas de bodegón italianos atoparon amplo mecenado no seu tempo.<ref>''A natura morta in Italia'' ed. por Francesco Porzio e dir. por Federico Zeri; Review author: John T. Spike. The Burlington Magazine (1991) Vol. 133 (1055) p. 124-125.</ref> Máis aínda, as pintoras, sendo poucas, normalmente elixían ou víanse constreñidas a pintar temas como o bodegón, como ocorría, por exemplo con [[Giovanna Garzoni]], [[Laura Bernasconi]] e [[Fede Galizia]].
 
Moitos artistas italianos destacados noutros xéneros, tamén produciron algúns cadros representando naturezas mortas. En particular, [[Caravaggio]] ([[1573]]-[[1610]]) foi un dos primeiros artistas que representou naturezas mortas con conciencia de obra pictórica. Aplicou a súa influente forma de naturalismo ao bodegón. O seu ''[[Cesto con froitas]]'' (h. 1595-1600) é un dos primeiros exemplos de bodegón puro, presentado con precisión e localizado á altura do ollo.<ref>Ebert-Schifferer, p. 82</ref> Malia non posuír unha aberta simboloxía, esta pintura era propiedade do cardeal Borromeo e puido ser apreciada tanto por razóns estéticas como relixiosas. [[Jan Bruegel]] pintou o seu ''Gran buqué milanés'' (1606) tamén para o cardeal, sinalando que a pintura era «fatta tutti do natturel»' (feita enteira do natural) e aumentou o prezo polo esforzo extra.<ref>Ebert-Schifferer, p. 84</ref> Eran uns bodegóns máis na colección do cardeal, xunto coa súa ampla colección de curiosidades. Entre outros bodegóns italianos, ''A cociñeira'', de [[Bernardo Strozzi]], é unha «escena de cociña» ao xeito holandés, que é por unha banda un detallado [[retrato pictórico|retrato]] dunha cociñeira, e por outro, a representación das aves de caza que está preparando.<ref>Stefano Zuffi, Ed., ''Baroque Painting'', Barron´s Educational Series, Hauppauge, Nova York, 1999, p. 96, ISBN 0-7641-5214-9</ref> Nun xeito semellante, un dos escasos bodegóns de [[Rembrandt]], ''Rapariga con pavos reais mortos'' combina de igual xeito un simpático retrato feminino con imaxes de aves de caza.<ref>Zuffi, p. 175</ref>