Partido Progresista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced:

(7)
ligazóns internas
Liña 1:
{{Partido político|nome=Partido Progresista|líder=[[Agustín de Argüelles]]
[[Salustiano de Olózaga]]
[[Pedro Calvo Asensio]]
[[Baldomero Espartero]]
[[Juan Prim]]|disolución=[[1874]]|fundación=[[1835]]
[[1838]] (nacemento formal)|ideoloxía=[[Liberalismo]]
[[Progresismo]]
[[Monarquía|Monarquismo]] [[Isabel II de España|isabelina]]}}

O '''Partido Progresista''' foi unha formación política española do [[século XIX]]. Xurdiu en [[1834]] como oposición liberal extremista ao réxime da rexente [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]] e foi separándose pouco a pouco tras o inicio da [[Restauración borbónica en España|Restauración en España]] en [[1874]].

Esta división entre exaltados -''veinteañistas'' ou progresistas- e moderados -''doceañistas'', moderados ou conservadores- vai caracterizar o panorama ideolóxico do [[século XIX]] e [[Século XX|XX]] en [[España]]. Os progresistas van a ser partidarios da [[Milicia Nacional]], o xurado popular, a [[soberanía nacional]], a ampliación do [[sufraxio censitario]] e o [[laicismo]]. Pola súa parte, os moderados opóñense a iso e son partidarios da soberanía compartida, as boas relacións coa [[Igrexa católica]].

Na defensa da monarquía de [[Isabel II de España|Isabel II]] representaban o apoio e o sostén do reinado na medida que serviron á coroa fronte ao pretendente [[Carlos María Isidro de Borbón]] e en apoio da filla de [[Fernando VII de España|Fernando VII]]. A súa situación viuse sempre comprometida entre a contención do [[carlismo]] e un apoio a raíña que non ofreceu froitos pola resistencia da mesma e, sobre todo, da súa nai, aos cambios que ofrecía o [[liberalismo]].

Logo do asasinato do que fora o seu líder [[Joan Prim i Prats|Prim]], e coa monarquía de [[Amadeo I de España]] xa establecida, o Partido Progresista escindiuse en dúas ramas, que darían lugar aos dous partidos dominantes do período. A rama dereita, co liderado de [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]], uniuse a membros da [[Unión Liberal (1858)|Unión Liberal]] para formar o [[Partido Constitucional (España)|Partido Constitucional]]. A rama esquerda, seguindo a [[Manuel Ruiz Zorrilla|Ruiz Zorrilla]], uniuse ao sector monárquico do [[Partido Democrático (España)|Partido Democrático]] (denominado ''os cimbrios'', con [[Cristino Martos]]) para formar o [[Partido Demócrata-Radical|Partido Radical]].

{{Historia en progreso}}