Federación Republicana Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Século XX de Galicia" pola categoría "Século XX en Galicia"; cambios estética
Arranxiños
Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2017}}[[Ficheiro:Torres de Lestrobe - Pazo de Hermida 001.jpg|miniatura|Pazo de Hermida.]]
A '''Federación Republicana Gallega''' ('''FRG''') foi unha plataforma política que se argallou na xuntanza, coñecida como o [[Pacto de Lestrobe]], celebrada o [[26 de marzo]] de [[1930]] no [[Pazo de Hermida]] entre partidos e personalidades republicanas galegas.
 
== Traxectoria ==
A FRG agrupaba catro organizacións: a [[Organización Republicana Gallega Autónoma|ORGA]], o [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], o [[Partido Republicano Radical Socialista|Partido Radical Socialista]] e o [[Partido Republicano Democrático Federal|Partido Republicano Federal]]. Esta plataforma pretendía establecer unha estratexia conxunta e autónoma dos republicanos galegos e designou a [[Santiago Casares Quiroga]] como o representante galego na xuntanza dos republicanos españois que se celebrou en [[Donostia]] o 17 de agosto de 1930, o [[Pacto de San Sebastián]] que tiña como finalidade elaborar o programa dun futuro goberno provisorio da república.
 
Nos meses anteriores á proclamación da república, a FRG organizou mobilizacións de masas contra o goberno do [[Dámaso Berenguer|xeneral Berenguer]] e participou nas eleccións do 12 de abril de 1931 en coalición co [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]], conseguindo vencer na maioría das cidades. Tras a proclamación da república a disparidade de estratexias no seo da FRG leva á marcha dos partidos minoritarios dela, permanecendo tan só a ORGA no seo da FRG. Nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes]] a ORGA presenta os seus candidatos baixo as siglas da FRG que manterá ata abril de 1932.
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===