Carbonífero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
de uns > duns
Liña 37:
O '''Crassigyrinus''' viviu a principios do Carbonífero en [[Europa]], concretamente en [[Escocia]], e media 2 metros de lonxitude. Era un ser de aspecto estraño, incluso para un anfibio primitivo. Tiña o corpo alargado, similar ó dun peixe, cunha larga cola e [[extremidade]]s diminutas. A [[cabeza]] medía uns 30 cm de lonxitude e as [[mandíbula]]s repletas de [[dente]]s, que se abrían enormemente. Os [[ollo]]s eran especialmente grandes e estaban situados moi xuntos un do outro. Estas desusadas características indican que había perdido o uso das súas extremidades e que volvera á vida na auga. Os seus dentes son os dun comedor de peixes e o seu hidrodinámico corpo fai pensar que era un veloz [[depredador]]. O tamaño dos seus ollos podía indicar que [[cinexética|caza]]ba en augas escuras e cargadas de sedimentos dos pantanos do Carbonífero,nadando como unha [[anguía]] entre e abundante vexetación.
 
O '''Greererpetón''' viviu a principios do ''Carbonífero'' en [[América do Norte]] e media 1,5 metros de lonxitude. A forma do seu corpo era ideal para os desprazamentos na auga, con sinuosas ondulacións ó estilo das anguías. A cabeza baixa e achatada, de unsduns 18 cm de lonxitude, repousaba sobre un pescozo breve, conectado a un [[corpo]] sumamente alargado (con arredor de 40 vértebras dorsais) e terminando nunha larga aleta caudal. As [[pata]]s eran curtas, cada unha con cinco [[dedo]]s que lle servían para manobrar e frea na auga. Os sucos abertos ós lados do [[cranio]] constitúen un legado dos seus antepasados. Estes sucos marcan a posición, na vida do animal, da [[liña lateral]] sensorial capaz de detectar as vibracións transmitidas pola auga. A estrutura do [[oído]] deste habitante da auga estaba pouco desenvolvida, a diferenza da que se observaba na dos anfibios terrestres.
 
== Notas ==