Pau Gasol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
de un > dun
Liña 35:
 
=== Selección española ===
Coa [[Selección de baloncesto de España]] conseguiu títulos en case todas as categorías, sendo o máis importante o acadado no ano que foi elixido para xogar o [[All-Star]], o [[2006]], cando se proclamou campión do mundo de baloncesto no [[Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006|Campionato do Mundo da FIBA de 2006]], batendo na final ao equipo nacional grego por 70-47, pero a xesta tivo aínda tintes maiores cando o equipo español tivo que xogar a final sen a súa presenza, por ser baixa de última hora a causa dunha lesión. O combinado nacional, con [[Juan Carlos Navarro]], [[José Calderón]], [[Jorge Garbajosa]], [[Rudy Fernández]] e compañía venceu á [[Grecia]] de Papalukas, Diamantidis e Spanoulis levando consigo o título de campións do mundo. No ano 2007, xoga co combinado español a final do Campionato de Europa ante [[Rusia]], perdendo o partido por unha diferenza de undun punto. Pau Gasol tivera o derradeiro lanzamento nas súas mans, pero o balón saíu rexeitado do aro defendido polo equipo ruso.
 
No ano 2008, Pau Gasol e compañía acadaron a final dos [[Xogos Olímpicos de 2008|Xogos Olímpicos de Beijing]] ao igual que os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], os cales presentaran un cadro formado por doce dos mellores xogadores americanos como [[Chris Paul]], [[Kobe Bryant]], [[LeBron James]], [[Dwight Howard]] ou [[Jason Kidd]]. Nese partido, Gasol anotou 21 puntos para axudar ao seu equipo, non sendo suficientes para acadar a vitoria, xa que perderon ante os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] por unha diferenza de 11 puntos: 107-118, a puntuación conxunta máis alta conseguida nunha final olímpica en toda a historia. Neste torneo, Pau Gasol foi o máximo anotador<ref>{{Cita web|url = http://www.elconfidencial.com/archivo/2008/08/24/deportes_97_excelente_espana_pierde_estados_unidos.html|autor = El Confidencial|título = Una excelente España gana la plata ante Estados Unidos|dataacceso = 21/3/2015}}</ref>.