Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 188:
 
[[Ficheiro:Vitoria -Monumento a la batalla de Vitoria.jpg|miniatura|esquerda|230px|Praza da Virxe Branca e Monumento á [[Batalla de Vitoria]]]]
A historia da Catedral Vella é en si mesma unha síntese da historia de Vitoria. Edificada sobre o camposanto da primitiva aldea vasconavascoa de Gasteiz (hoxe visitable mercede ás escavacións), a igrexa de Santa María derrubouse co incendio de 1202, e [[Afonso VIII de Castela]] (que conquistara a praza apenas 2 anos antes), ordenou reconstruír a cidade e levantar no lugar do anterior templo unha nova igrexa que cumpriría dous propósitos ben distintos: salvar almas e gardar armas. Así naceu a [[Catedral de Santa María de Vitoria|Catedral de Santa María]], aínda igrexa, como un templo-fortaleza que servía de entrada á cidade. O proxecto foi cambiando cos séculos, de tal forma que cada modificación se fixo sen ter en conta as anteriores. Isto aconteceu no século XV (cando a igrexa se converteu en colexiata), e finalmente nos anos sesenta do século XX, cando se decidiu reverter as obras de fortalecemento dos muros exteriores e ampliar as ventás por motivos puramente estéticos. Isto acabou obrigando a pechar o templo por temor a que se colapsase durante as misas. Na actualidade volve estar aberta, e permite ir vendo os diferentes estilos arquitectónicos da construción. Desde os vestixios da aldea orixinaria, raíz da Vitoria actual, ata o redeseño gótico de mediados do século XX, pasando por alicerces de máis dun milenio de antigüidade, e plans románicos e góticos, todos perfectamente discernibles pola cor dos materiais utilizados en cada etapa. [[Ken Follett]], autor de ''[[The pillars of the Earth]]'', dixo trala súa estancia na cidade que Santa María era unha das tres catedrais máis interesantes do mundo{{cómpre referencia}}.
 
[[Ficheiro:Vitoria - Paseo Fray Francisco.JPG|190px|miniatura|dereita|Paseo de Frai Francisco]]